Xiana, 6ºC |
Ola a todos! Imos xa cas últimas actividades do curso.
Hoxe ímosvos propoñer tres actividades. O prazo para entregalas é o venres 12 de xuño. Insistimos na importancia de que entreguedes os traballos nos prazos marcados; sempre é importante máis nesta ocasión non se poderá entregar con retraso, xa que os profes temos que avaliar o voso traballo.
✱ 1ª actividade: "Técnicas creativas".
Desta actividades hai que escoller e realizar dúas propostas. Podedes facelo sobre a obra que aparece no vídeo ou sobre outra que vos apeteza, empregando a técnica explicada.
Ollo! na primeira proposta precisades a axuda dun adulto para manexar o cuter e a prancha. Se non podedes dispor desta axuda, non a escollades.
"Con restos de cera plastidecor"
"Con bolsas de papel ou con papel de cores"
"Con burbullas"
✱ 2ª proposta: "Papiroflexia".
Seguimos ca papiroflexia, agora un pouquiño máis difícil. As propostas destas semanas son: un peixe, un corazón e un barquiño tradicional. Aínda que para o peixe e o barco se empregue papel branco, vós podedes empregar papel de cores; quedará moito máis lucido. Poderedes tamén poñerlle detalles e será un traballo moi completo. Se vos apetece, tamén podedes facer algunha máis das que vos deixamos.
Desta actividade teredes que realizar as tres propostas.
"Corazón"
"Barquiño"
"Peixe"
✱ 3ª actividade: "Fotografía".
Trátase de que intentedes facer unha foto artística a un obxecto, unha paisaxe, un determinado momento ... Estade atentos ao voso contorno e, no momento que vexades algo que vos guste, captade a imaxe. De todas as fotografías que fagades, escollede unha, poñédelle título e enviádea.
✱ Norma xerais para entregar as actividades:
- Enviádeas todas xuntas.
- Deben ter o voso nome e título da obra.
- A foto dos traballos debe estar ben encadrada, sen nada debaixo.
-Da terceira actividade, aínda que fagades moitas fotos, só hai que enviar unha. Escollede a que máis vos guste.
- Intentade cumprir o prazo. O venres 12 de xuño é o último día. Ollo!! Non recolleremos traballos despois dese día.
Esperamos que desfrutedes destas actividades.
Moito ánimo que xa estamos na recta final!!
Unha grande aperta:
Olga e Charo
Ningún comentario:
Publicar un comentario