A semana pasada, con Matías, aprendimos moitas cousas da familia da percusión. Hoxe imos comezar a clase coñecendo á Familia do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira ou de metal. Na clase de hoxe imos coñecer aos instrumentos de vento madeira. Veredes que ben volo explican estes amigos.
A familia do vento madeira caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!
Hoxe imos comezar polo timbre. O timbre é unha das cualidades do son que nos axudan a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos ... Con este exercicio practicaredes esta cualidade. Prestade moita atención e ide apuntando o animal, obxecto, voz e instrumentos que pensades que soan. Ao final da clase deixarei as solucións. Non fagades trampa ... 😉
Abride ben as orellas porque imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén quixeron xogar e "coláronse".
Estades sorprendid@s por atopar ao acordeón nesta familia? O acordeón despístanos porque o ar que precisa para soar non se consigue soprando; pero isto vaino explicar Mara, unha compañeira de sexto, noutro concerto didáctico. Tamén é importante saber que o acordeón e a armónica non están presentes nas orquestras porque son instrumentos populares.
Aquí temos unha foto de familia.
Aquí temos unha foto de familia.
FAMILIA DO VENTO MADEIRA
O timbre? que será iso do timbre? non temos nin idea...
Tedes razón chic@s! Aínda non estaba explicado... que cabeza! Cando escoitamos un son podemos dicir se é forte ou suave, grave ou agudo, longo ou curto e tamén podemos dicir se é dun can, dun gato ou dun elefante. Pois esas son as cualidades do sone teñen estes nomes: intensidade (forte/suave), altura (grave/agudo), duración (longo/curto) e timbre, que nos axuda e identificar o son.
Estivestes atento@s? Imos ver, repetide as cualidades do son:
Abride ben as orellas porque imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén quixeron xogar e "coláronse".
"PEDRO E O LOBO"
Agora imos ver e escoitar o conto musical "Pedro e o lobo", onde aparecen varios instrumentos desta familia. Está composto por Serguéi Prokófiev, un músico ruso, como Thaikovsky, lembrades? Si, ese, o do "Vals das flores".
Neste conto, cada instrumento representa a un personaxe da historia. Como son moi educadiños, o primeiro que van facer é presentarse.
Queredes que vos conte como se fixo este conto: Prokófiev tiña unha amiga, chamada Natalya, que era mestra no Teatro Infantil de Moscú. Natalya quería ensinarlle aos seus alumn@s os instrumentos musicais e algunhas cousiñas de música, así que pedíulle ao seu amigo Prokófiev que compuxera unha música a través da cal @s nen@s poideran descubrir algúns dos instrumentos da orquestra. A Prokófiev non lle fixo moita graza porque el só compoñía música para xente maior, pero Natalya insistiu tanto que, finalmente, compuxo este conto en catro días.
O estreo foi o 2 de maio de 1935, xustamente hai 85 anos !!! Máis adiante, no ano 1946, Disney fixo unha animación desta historia, que poderedes ver no seguinte enlace:"Pedro e o lobo"
COÑECEMOS A ....
Serguéi Prokófiev foi un pianista, compositor e director de orquestra ruso. Naceu en Moscú no ano 1891 e morreu en 1953. Está considerado como un dos principais compositores do século XX. Compuxo concertos, sinfonías, ballets e tamén, o conto que acabamos de escoitar, que el titulouno "Pedrín y el lobo", que está basado nun conto popular ruso.
Despois de ver o conto podedes descargar esta ficha, completala e coloreala como máis vos guste. Tamén podedes elaborar vós mesmos a ficha, escribindo as frases e debuxando os instrumentos e os personaxes. Seguro que vos quedará moi lindo.
Despois de ver o conto podedes descargar esta ficha, completala e coloreala como máis vos guste. Tamén podedes elaborar vós mesmos a ficha, escribindo as frases e debuxando os instrumentos e os personaxes. Seguro que vos quedará moi lindo.
Antes de marchar ...
♫ Corrreximos o exercicio do timbre.
♪ Timbre dos animáis: ovella, galiña, elefante.
♪ Timbre dos obxectos: secador, lata, microondas.
♪ Timbre das voces: bebé, mozo cantando.
♪ Timbre instrumentos musicais: piano, carillón, frauta.
♫ Aprendemos a debuxar os instrumentos do concerto de hoxe:
♫ Corrreximos o exercicio do timbre.
♪ Timbre dos animáis: ovella, galiña, elefante.
♪ Timbre dos obxectos: secador, lata, microondas.
♪ Timbre das voces: bebé, mozo cantando.
♪ Timbre instrumentos musicais: piano, carillón, frauta.
♫ Aprendemos a debuxar os instrumentos do concerto de hoxe:
O clarinete de Pablo
A frauta doce
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula
♫ Escoitamos varias pezas onde aparecen os diferentes instrumentos da familia do vento madeira.
Espero que vos gusten!!
A frauta doce
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula
♫ Escoitamos varias pezas onde aparecen os diferentes instrumentos da familia do vento madeira.
Espero que vos gusten!!
"El oboe de Gabriel", da película "La Misión"
"Los cazafantasmas". Ray Parker.
Aquí veredes distintas frautas, diferentes saxofóns e clarinetes.
E unha divertida historia protagonizada por este simpático saxofón.
Ata aquí a clase de hoxe. Traballade moito e lembrade que
a vida con música soa mellor.
Ata a semana! Bicos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario