#euquedonacasa |
Ola todas e todos!
Preparados para comezar a clase? Veña!! A que esperades???
Hoxe imos comezar quentando os dedos con exercicios de dixitación. Déixovos aquí uns vídeos para que os vosos dediños fagan ximnasia e poidan coller a axilidade que precisades para tocar as cancións. Seguimos a traballar cas notas Si, La e Sol.
Lembrades os exercicios que facemos na clase onde eu canto e vós repetides dixitando e logo tocando? pois esto é o mesmo. Primeiro escoitades (listen) e logo tocades (play). A primeira vez podédelo facer cantando, así practicades a letura de notas e a entoación. A segunda vez xa ca frauta.
Hoxe imos comezar quentando os dedos con exercicios de dixitación. Déixovos aquí uns vídeos para que os vosos dediños fagan ximnasia e poidan coller a axilidade que precisades para tocar as cancións. Seguimos a traballar cas notas Si, La e Sol.
Lembrades os exercicios que facemos na clase onde eu canto e vós repetides dixitando e logo tocando? pois esto é o mesmo. Primeiro escoitades (listen) e logo tocades (play). A primeira vez podédelo facer cantando, así practicades a letura de notas e a entoación. A segunda vez xa ca frauta.
Agora xa todo seguido e sae una fermosa melodía.
Dixitamos de novo; agora con esquemas máis longos. Precisades ter a memoria en forma! Lembrade, a primeira vez cantando as notas e despois tocando.
Agora que xa fixemos os exercicios, vouvos deixar un par de cancións moi faciliñas. Antes de comezar imos repasar os pasos que debedes seguir para aprender unha canción nova: primeiro esoitádea un par de veces, intentando seguir a partitura ca melodía. Copiade a canción na libreta de música fixándovos en colocar as notas no seu sitio (esforzádevos en escribir ben as notas, as liñas divisorias, os dous puntiños...). Cantade as notas dando palmas, respectando o valor de cada figura. Volvemos a cantala á vez que a dixitamos. Cando vexades que vai saíndo, xa a podedes tocar ca frauta. Non toquedes con erros, estade pendentes de corrixilos.
"Sesión de jazz"
Esta é unha canción moi bonita e faciliña, a única novidade é a blanca con puntiño, que como sabedes dura 3 tempos.
Pois ata aquí o traballo de frauta. Lembrade que, a medida que aprendemos cancións novas, debemos repasar tamén as anteriores.
Ei nen@s! Escoitade! Coñecedes esta música?
Pois sí, era "A Primavera". É moi famosa. Está composta por Antonio Vivaldi, un músico italiano que fixo música para cada unha das estacións do ano. Imos facer un exercicio rítmico ca música de Vivaldi. Facede os ritmos cos instrumentos do voso corpo que queirades: palmadas, pés, xeonllos, cuíño, bicos...
Podedes elaborar instrumentos de percusión para acompañar a música que acabamos de escoitar. Aquí van algunhas ideas; nalgúns instrumentos da segunda opción ides precisar a axuda/supervisión dun adulto; non porque sexa difícil, pero precisades tesoiras e cuter e sós non debedes facelo.
Queres coñecer a Vivaldi?
Podedes elaborar instrumentos de percusión para acompañar a música que acabamos de escoitar. Aquí van algunhas ideas; nalgúns instrumentos da segunda opción ides precisar a axuda/supervisión dun adulto; non porque sexa difícil, pero precisades tesoiras e cuter e sós non debedes facelo.
Queres coñecer a Vivaldi?
Antonio Vivaldi naceu en Venecia no ano 1678.
Foi compositor, violinista e un dos músicos máis importantes da historia.
Compuxo máis de 770 obras, entre elas "A Primavera".
Era coñecido polo nome "il prete rosso", porque era cura e pola cor do seu cabelo, aínda que nesta foto leva unha perruca branca.
Formou a súa orquestra nun colexio de nenas orfas, onde traballou moi feliz e todo o mundo quería asistir aos seus concertos.
Morreu en Viena no ano 1741. Cantos anos viviu Vivaldi? Veña, bota as contas!Cantos anos pasaron desde que naceu? desde que morreu?
Que vos parece se facemos o noso propio Cadro da Primavera? Mans á obra!
Neste enlace poderedes descargar o retrato de Vivaldi.
Coloreádeo, recortádeo e pegádeo nun folio. Decorádeo todo moi primaveral e poñéllede o título da obra e do autor, así: "La Primavera". Antonio Vivaldi.
Non vos esquezades de poñer tamén o voso nome. Gardádeo ben para que eu poida velos cando volvamos ao cole!! Seguro que quedan moi chulos!
Mentres facedes este traballiño, podedes escoitar este conto con música de Vivaldi titulado "Las cuatro estaciones".
Ide facendo estes traballiños pouquiño a pouco. Agora veñen uns días de vacacións e, cando rematen, seguiremos divirtíndonos con máis música!!!
Imos despedirnos dedicando esta canción as todas as persoas que estes días están e estades sendo tan valentes. Se cada un de nós aporta o seu graíño de area, axiña voltaremos ás nosas vidas. Escoitádea e bailádea ca vosa familia.
Lembrade que a vida con música, soa mellor!
Ata a semana!!! Un bico primaveral !!!
Hola, soy Sofía de 3C. No me deja ver los enlaces de las 2 canciones nuevas.
ResponderEliminarOla Sofía: eu podo ver as cancións sen problema. De todas formas, acabo de poñelas de novo. Mira agora, a ver ...
ResponderEliminarAlguén máis tivo problema para ver as actividades de frauta desta sesión?? Bicos a tod@s.
Ola de novo! Efectivamente agora non se poden ver; é cuestión das web que non permite a súa visualización. Non vos preocupedes, vounas cambiar. Estade atent@s. Bicos!!!
ResponderEliminarHola Charo. Soy Brais Gómez de 3° A. Cómo se llama esta canción que tenemos que copiar en la libreta.
ResponderEliminarYa la tengo copiada y quería ponerle el título.
Un saludo
Ola Brais! As cancións desta semana non se poden ver, a páxina web onde están non nos deixa, por eso vounas cambiar para a próxima clase. A primeira titúlase "Con ritmo" e a segunda "Son de jazz". Se te refires á da semana pasada, o título é "Souvenir de vals". Espero que che sirva de axuda, se nón, volves a escribir vale?
ResponderEliminarBicos