#euquedonacasa |
Ola a todos e todos!
Para estas semanas imos realizar dous tipos de traballos: papiroflexia e técnicas creativas. Ademáis convidámosvos a unha visita virtual da exposición "Paredes soñadas", do pintor galego Urbano Lugrís.
Papiroflexia.
A papiroflexia, tamén chamada origami, é un arte que consiste en pregar papel sen utilizar tesoiras nen pegamento para obter formas variadas, como se fosen esculturas de papel. Para que vos vaiades introducindo neste arte, deixámosvos aquí tres propostas sinxelas: unha ra, unha paxariña e un raposo.
Poñéndolle gana e un pouquiño de paciencia seguro que vos quedan moi chulas.
Desta proposta tedes que escoller dúas opcións.
A continuación presentámosvos tres traballos, dos que escolleredes un deles e o levaredes a cabo. Cada propuesta traballa unha técnica creativa distinta; escollede a que máis vos guste.
"Creación de pinturas". Luis Caruncho.
"Técnica creativa con ceras e clips". Raimundo Patiño.
"Técnica creativa con crema para zapatos". David Morago.
Exposición "Paredes soñadas". Urbano Lugrís
Poderedes visitar de forma virtual esta exposición. É moi interesante e ten muráis espectaculares. Tamén fala do autor, da súa obra, curiosidades, datos interesantes ... Ao final da visita, realízanse preguntas sobre a obra de Lugrís con un solucionario para que poidades comprabar se respondistes correctamente.
No seguinte enlace poderedes acceder á exposición.
Esta actividade non é obligatoria, pero é moi interesante e entretida aínda que non fagades as fichas. Botádelle un ollo, seguro que vos gusta.
"Paredes soñadas".Urbano Lugrís.Esta actividade non é obligatoria, pero é moi interesante e entretida aínda que non fagades as fichas. Botádelle un ollo, seguro que vos gusta.
O prazo para realizar as actividades que escollades ( dúas de papiroflexia e unha de técnicas creativas) será desde hoxe ata o 22 de maio, que será o último día de entrega de traballos. Os traballos deberes envíalos por correo electrónico á vosa profe de plástica.
Esperamos que desfrutedes moito con estas actividades.
As propostas das semanas anteriores tamén están publicadas neste espacio do blog para que poidades consultarlas no caso de que o precisedes.
Unha aperta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario