martes, 5 de maio de 2020

Paxaro Salvaxe


#euquedonacasa

Ola de novo!



A semana pasada, con Matías, aprendimos moitas cousas da familia da percusión. Hoxe imos comezar a clase coñecendo á Familia  do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira  ou de metal. Na clase de hoxe imos coñecer aos instrumentos de vento madeira. Esta familia  caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!




FAMILIA VENTO MADEIRA


Dentro da súa familia clasifíncanse dependendo da peza por onde se sopra.


Escoita con atención

Imos repasar as cualidades do son. Ide parando o vídeo se o precisades.



Hoxe imos traballar o timbre, que a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos Imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".


Imos escoitar a todos os instrumentos desta familia en acción. Fixádevos na variedade de frautas e saxofóns.




"Paxaro Salvaxe" 

Esta canción vai gustarvos moito a todos/as. Veredes que hai moito contraste de velocidade entre a primeira parte e a segunda.
Os/as que non a tedes traballada no cole, primeiro escoitádea con atención, seguindo a partitura. Fixádevos que comeza en anacrusa. Fixádevos tamén nos sinais de repetición. Esas letras que vedes (tr^^^) ... non lle fagades caso; xa vos ensinarei máis adiante o que significa e como se fai.
Lembrade que é importante q sigades repasando todas as cancións.
Paxaro Salvaxe






E xa estamos a rematar, pero antes:

 Aprendemos a debuxar os instrumentos do concerto de hoxe.

O clarinete de Pablo
A frauta doce
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula.

Déixovos a  curtametraxe gañadora dun Óscar no ano 2008, unha versión de animación en HD do conto clásico "Pedro e o lobo", de Serguéi Prokófiev. 
Neste conto cada instrumento representa a un personaxe da historia e varios protagonistas a familia do vento madeira.




O estreo da obra orixinal foi o 2 de maio de 1935, exactamente hai 85 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo unha animación desta historia.


  Coñecemos a...








Serguéi Prokófiev foi un pianista, compositor e director de orquestra ruso. Naceu en Moscú no ano 1891 e morreu no 1953. Está considerado como un dos principais compositores do século XX. Compuxo concertos, sinfonías, ballets e tamén, o conto que acabamos de escoitar, que el titulouno "Pedrín y el lobo", e está basado nun conto popular ruso.


E ata aquí a clase de hoxe. 

Traballade moito e lembrade que a vida con música soa mellor.





Ata a semana!!! Bicos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...