"As mariscadoras". Luis Seoane. Celia Ferrín, 6ºC |
Ola rapaces e rapazas! Aquí estamos cunha nova partitura.
Que vos pareceu o Concerto Didáctico do Día das Letras? Se aínda hai algún/algunha de vós que non o viu, recoméndovolo porque participan moitos/as compas do cole e ides aprender moitas cousas sobre os instrumentos traicionais galegos. Tamén poderedes desfrutar dunha exposición de cadros dos vosos/as compañeiros/as de sexto da pintora Menchu Lamas; así que non o podedes perder.
Como esta semana traballamos a música tradicional, a canción de hoxe é unha canción galega, composta por Bieito Romero, que todos/as coñecedes: "O son do ar".
É unha versión sinxela, pensada para frauta e os instrumentos de láminas da clase, pero como así non o podemos facer, ides traballar só a parte da frauta; polo tanto, das catro voces que ides ver, só tocades a de arriba, que é a voz da frauta.
Imos botarlle un vistazo:
Compás: 3/4, xa o coñecedes; tres negras en cada compás.
Grupos rítmicos: branca con puntillo, negra con puntillo e corchea, branca con negra ... nada novo.
Alteracións: un bemol para a nota si. Xa está visto no cole pero se non vos lembrades, déixovos a táboa de dixitacións.
Estrutura: A-A`-B-B`-A. Fixádevos ben nos sinais de repetición.
É importante que primeiro escoitedes varias veces a melodñia e sigades a vista na partitura mentres escoitades. Logo, xa podedes comezar a traballar.
É importante que primeiro escoitedes varias veces a melodñia e sigades a vista na partitura mentres escoitades. Logo, xa podedes comezar a traballar.
Se tedes dúbidas, escribídeas en comentarios, porque así podemos axudarnos uns aos outros, vale?
Agora imos facer un exercicio rítmico ca "Muiñeira de Pontesampaio". Veredes que na partitura aparecen claves, ferriños, pandeiretas e cunchas. Seguro que non tedes todos eses instrumentos na casa pero podedes amañar para sustituilos polas palmadas e algún dos que construistes. Se vos falta algún, podedes elaboralo. Sexa como sexa (aínda que só o fagades ca percusión corporal) traballade os ritmos e facédeos ca música.

Hoxe non vou deixarvos moito máis; tedes bastantes partituras en xogo e hai que ir sacándoas adiante. Intentade tocar todas as semanas para afianzar o aprendido.
Táboa de dixitacións
Gustaríame tamén que experimentedes cas palliñas e intentedes facer a frauta que nos ensinou onte Abraham Cupeiro. É moi doado de facer e moi sorprendente o resultado. Animádevos e compartídeo. Déixovolo aquí outra vez.
Despedímonos cun dos instrumentos que vimos onte no Concerto Didáctico, e un dos máis populares da nosa cultura: a pandeireta.
O que imos escoitar titúlase "Xota de Negreira de Vilamaior". Os músicos son Davide Salvado, voz e pandeireta, Cibrán Seixo que toca o violín e o moog, un teclado ou pedalero que se toca cos pes, como podedes ver no vídeo, e Fransy González, voz e pandeireta. Fransy é a mestra de pendeireta de Xiradela e estivo con nós no concerto do Día das Letras, falou sobre a pandeireta e cantou un par de pezas para nós.
Os instrumentos da música tradicional, como a pandeireta, pódense fusionar con calquera outro instrumento, sen deixar o seu caracter tradicional. Se vos gusta, podedes seguir curioseando en youtube e veredes que estes músicos teñen moitas pezas bonitas.
Espero que vos guste.
Un grande bico!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario