#euquedonacasa |
Ola rapazas e rapaces de sexto!
Imos comezar cun proxecto de
plástica que esperamos que vos guste e
vos axude a coñecer a algúns/algunhas pintores/as galegos/as, á vez que
desenvolvedes a creatividade e a imaxinación.
Agora que tedes máis tempo,
intentade esforzarvos o máis posible. Aínda que non esteamos no cole, é
importante que non perdamos os hábitos de traballo. Pensade que este traballo
íase facer no cole; o único que cambia é o lugar onde ides traballar. Imos aló!
O proxecto consiste no seguinte: cada nivel/ciclo escolleu un pintor/a
galego/a que ten, en maior ou menor medida, cadros relacionados co mar ou
motivos mariños. Para o voso curso eliximos á pintora Menchu Lamas. Seguro que aínda
non a coñecedes, pero unha vez que traballedes as actividades que vos
propoñemos, saberedes o máis importante desta pintora galega. Algúns dos seus
cadros están relacionados con motivos mariños; outros non. Tamén ten bastantes relacionados ca música.
Actividades
✦O primeiro que ides facer é
investigar en internet quen é Menchu Lamas e ver cadros dela. Atoparedes biografías
da pintora, imaxes dos seus cadros, entrevistas e reportaxes nas que a
escoitaredes e comprenderedes o que para ela significa o arte de pintar e por que pinta deste xeito.
Unha vez feito isto, escolleredes
un cadro. O que máis vos guste: polas cores, pola mensaxe, polas formas, polas
posibilidades que vos da para traballalo …
Pode estar relacionado co mar, ou non.
✦Intentade inspirarvos no cadro
escollido e traballade sobre el. Podedes intentar imitalo, podedes partir de aí
e crear o voso propio cadro … todo é valido. Os/as artistas sodes vós. En canto á técnica:
podedes empregar pincel,(acuarela, acrílico…) lápis, facer un collage con
distintos materiais, combinar as diferentes técnicas … ao voso gusto. Tedes que
solucionar cos materiais que hai na
casa; non debedes saír a mercar nada!!! Papel de xornal, de
cociña, de baño, celofán, cartón … todos os materiais son válidos. Emprega a
túa imaxinación! O tamaño… o que queirades.
✦Cando o cadro estea rematado,
escolleredes un título, que poderá coincidir co do cadro orixinal ou poderedes
inventalo vós, ao fin e ao cabo, vós sodes os creadores. Buscade unha esquiniña
para plasmar o voso nome.
✦Elaboraredes unha ficha técnica
cos seguintes datos.
- Título da ficha: será o nome orixinal do cadro e a súa autora. Agora é o momento de recabar a información e respostar ás seguintes cuestións. Podes ir contestando cuestión a cuestión ou enlazar as respostas a modo de redacción. As dúas opcións son válidas. Aí van:
- Quen é Menchu Lamas? Sitúaa no tempo e no espacio. Breve, pero significativa, biografía. Selecciona datos que consideres importantes para o traballo que estás a facer. Non nos importa se tivo fillos ou non, pero sí onde se formou, onde vivíu, cando decidíu ser pintora, por que emprega esas cores… datos que vos fagan comprender a súa forma de expresión.
- Características da súa obra. Aquí podes mencionar todo o que ti consideres importante: que tipo de pintura fai, que cores emprega, os materiais, tamaño das súas obras… Lembra que debes entender o significado do que escribes; non se trata de copiar e pegar. Para facer esto observa con atención os seus cadros, reflexiona sobre eles e intenta captar características sinxelas da súa obra.ü
- Significado do cadro escollido . Explica o que pensas que quixo representar a pintora. No caso que o teu cadro teña variantes e sexa distinto do orixinal, explica que quixeches expresar.
- Opinión persoal sincera da pintura desta artista.
- Cadros que máis che gustaron dela.
Para que, ademáis de aprender, podas desfrutar
con este traballo, non o fagas a correr. Faino con tempo. Acompáñate de música,
se che apetece. Deixa voar a túa imaxinación e desfruta pintando, recortando, pegando,
enchendo, rebuscando materiais… Se ti o fas con ganas, o resultado será
fantástico.
En canto á ficha técnica, faino
primeiro a sucio. Fíxate na forma de expresar as túas ideas. Pensa que alguén
vai ler o que ti escribiches e ten que entendelo. Presta atención á ortografía,
á puntuación das frases … todo suma para que o teu traballo sexa estupendo.
Cando esteas satisfeito/a e penses que está correcto, podes pasalo a limpo.
Lembra que a presentación, importa.
A que esperas? Veña, mans a obra!!!!
Calquera dúbida podedes
consultala con nós aos correos que puxemos a vosa disposición. Non dubidedes en
facelo.
Coidádevos moito!
Unha aperta para vós e as vosas
familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario