Petiscos de cuarto |
Ola rapaces!
Como xa vos dixen na clase, este trimestre imos profundizar na Familia do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira ou de metal. Imos comenzar polos coñecer Instrumentos de vento madeira. Veredes que ben volo explican estes amigos.
Estades sorprendid@s por atopar ao acordeón nesta familia?
TAREFA
👀 Investigar porqué o acordeón pertence á familia do vento. Escribe a resposta na túa libreta de música.
Aquí temos unha foto da familia do vento madeira.
FAMILIA VENTO MADEIRA
Dentro da súa propia familia, clasifícanse dependendo como sexa a boquilla por onde se sopra. Escoitade con moita atención:
A familia do vento madeira caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!
|
O timbre? que será iso do timbre? non temos nin idea...
Tedes razón chic@s! Aínda non estaba explicado... que cabeza! Cando escoitamos un son podemos dicir se é forte ou suave, grave ou agudo, longo ou curto e tamén podemos dicir se é dun can, dun gato ou dun elefante. Pois esas son as cualidades do son e teñen estes nomes: intensidade (forte/suave), altura (grave/agudo), duración (longo/curto) e timbre, que nos axuda e identificar o son.
Imos comprendelas un pouquiño
Esta semana traballaremos o timbre, que é a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir os diferentes sons: a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos ... Abride ben as orellas; imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".
"PEDRO E O LOBO"
Algúns dos instrumentos desta familia participan neste conto musical "Pedro e o lobo", composto por Serguéi Prokófiev, un músico ruso. Cada instrumento representa a un personaxe da historia. Como son moi educadiños, o primeiro que van facer é presentarse.
Vouvos contar a h¡storia de como se escribiu este conto.
Veredes. Unha amiga de Prokófiev, chamada Natalya, era actriz e mestra no Teatro Infantil de Moscú, e pedíulle a Prokófiev que escribira unha historia infantil para que os seus alumnos/as poideran descubrir algúns instrumentos da orquestra. A Prokófiev non lle fixo moita graza, porque el só escribía música para adultos. Natalya insistiulle tanto que non lle quedou máis remedio que facelo e escribiuno en catro días.
O estreo foi o 2 de maio de 1935, Hai case 86 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo unha animación desta historia. Ides ver dúas versións:
TAREFA
👀 Investigar quen foi o compositor deste conto musical
👀 Lugar e data de nacemento
👀 Algún outro dato que vos pareza interesante sobre este músico.
Escribe as respostas na túa libreta de música.
Para rematar imos escoitar a narración completa do conto. Na clase vimos uns minutos pero agora, na casa, poderedes desfrutala enteira.
TAREFA
👀 Cales son os instrumentos que compoñen a Familia do Vento Madeira. Escribe as respostas na túa libreta de música.
Déixovos uns vídeos moi divertidos por se queredes debuxar algúns dos instrumentos desta familia.
O clarinete
A frauta doce
O saxofón
A frauta traveseira
♫ Escoitamos unha pezas para desfrutar desta familia tan bonita.
A frauta doce
O saxofón
A frauta traveseira
♫ Escoitamos unha pezas para desfrutar desta familia tan bonita.
"Hedwig´s Theme". Da película "Harry Potter"
Veredes diferentes flautas,saxofóns, clarinetes e oboe.
Veña ... a traballar moito!!!!
XOVES, 28 DE XANEIRO DE 2021
Ola rapaces:
Aquí estamos de novo. Vouvos deixar aquí unha tarefas para que fagades nos días que quedan ata a clase seguinte. Para a semana que ven xa nos poñemos ao día, vale?
Imos traballar sobre todo cal frauta. Aí van estes exercicios e cancións.
Y ahora, una de mis preferidas. Aconpañada ademáis por un instrumento do vento madeira: sabedes cal é?
"Balada"
Tamén poderedes acceder a estas actividades a través da aula virtual.
Ata a semana que ven!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar