"As Mariscadoras", Luis Seoane. Matthew, 6ºC |
Ola rapaces e rapazas! Hoxe comezamos cunha nova partitura.
Que vos pareceu o Concerto Didáctico do Día das Letras? Se aínda hai algún/algunha de vós que non o viu, recoméndovolo porque participan moitos/as compas do cole e ides aprender moitas cousas sobre os instrumentos traicionais galegos. Tamén poderedes desfrutar dunha exposición de cadros dos vosos/as compañeiros/as de sexto, sobre a obra da pintora Menchu Lamas; non o podedes perder.
Como esta semana traballamos a música tradicional, a canción de hoxe é unha canción popular galega moi coñecida titulada "Ai Pepiño, adios!" .
É unha canción sinxela. Non ten nada que non estea visto na clase.
Compás: 3/4. Xa sabedes: 3 negras en cada compás.
Figuras: negras, blancas e blancas con puntiño.
Sinais de repetición: primeira e segunda vez, dous puntiños.A canción repítese 5 veces, o que vai facilitar a súa aprendizaxe.
Se tedes dúbidas, poñédeo abaixo, en comentarios, así poderedes axudarvos uns a outros.
É unha canción sinxela. Non ten nada que non estea visto na clase.
Compás: 3/4. Xa sabedes: 3 negras en cada compás.
Figuras: negras, blancas e blancas con puntiño.
Sinais de repetición: primeira e segunda vez, dous puntiños.A canción repítese 5 veces, o que vai facilitar a súa aprendizaxe.
Se tedes dúbidas, poñédeo abaixo, en comentarios, así poderedes axudarvos uns a outros.
Agora imos facer un exercicio rítmico cunha melodía tradicional "A Muiñeira de Pontesampaio". Podédela facer con paos, como indica a partitura ou con percusión corporal: dous paos serán palmadas e os paos cruzados serán xeonllos. Intentade concentrarvos e levar o ritmo da música.
Cantamos? Imos cunha versión de "Uxía lambona e a banda molona"
"Ven bailar Carmiña"
Hoxe non vou deixarvos moito máis; tedes bastantes partituras en xogo e hai que ir sacándoas adiante. Esta semana traballade a fondo ca frauta e ide repasando as cancións novas e as que xa sabiamos.
Gustaríame tamén que experimentedes cas palliñas e probedes a facer a frauta que nos ensinou onte Abraham Cupeiro. É moi doado de facer e sorprendente o resultado. Animádevos e compartídeo. Déixovolo aquí outra vez.
Despedímonos cun dos instrumentos que vimos onte no Concerto Didáctico, e un dos máis populares da nosa cultura: a pandeireta.
O que imos escoitar titúlase "Xota de Negreira de Vilamaior". Os músicos son Davide Salvado, voz e pandeireta, Cibrán Seixo que toca o violín e o moog, un teclado ou pedalero que se toca cos pes, como podedes ver no vídeo, e Fransy González, voz e pandeireta. Fransy é a mestra de pandeireta de Xiradela e estivo con nós no concerto do Día das Letras, falou sobre a pandeireta e cantou un par de pezas para nós.
Os instrumentos da música tradicional, como a pandeireta, pódense fusionar con calquera outro instrumento, sen deixar o seu caracter tradicional. Se vos gusta, podedes seguir curioseando en youtube e veredes que estes músicos teñen moitas pezas bonitas.
Espero que vos guste.
Traballade moito! Un grande achuchón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario