domingo, 17 de maio de 2020

"Moita festa"


"As Mariscadoras". Luis Seoane.                                                                                                                    Inés, 6ºC

Ola rapaces e rapazas!  Hoxe comezamos cunha nova partitura. 

Que vos pareceu o Concerto Didáctico do Día das Letras? Se aínda hai algún/algunha de vós que non o viu, recoméndovolo porque participan moitos/as compas do cole e ides aprender moitas cousas sobre os instrumentos traicionais galegos. Tamén poderedes desfrutar dunha exposición de cadros dos vosos/as compañeiros/as de sexto, sobre a obra da pintora Menchu Lamas; non o podedes perder. 

Como esta semana traballamos a música tradicional, imos facer un exercicio rítmico cunha composición de Carlos Núñez, titulada "Moita festa"
Veredes que na partitura aparecen pandeireta, claves, axóuxere ... que seguro que na casa non tedes; podedes empregar os instrumentos que construistes ao longo destas semanas e podedes elaborar algún máis que faga o edecto do instrumento que vos manda a canción. 

A flechiña amarela que sae en toda a canción é a que marca o pulso; vços tedes que tocar cando aparece o instrumento. Tamén podédelo facer con instrumentos corporais: palmadas, xeonllos, pes e chasquido de dedos.


"Moita festa". Carlos Núñez.




Imos facer outro exercicio rítmico cunha melodía tradicional "A Muiñeira de Pontesampaio". Podédela facer con paos, como indica a partitura ou con percusión corporal: dous paos serán palmadas e os paos cruzados serán xeonllos. Intentade concentrarvos e levar o ritmo da música.

"Muiñeira do Pontesampaio". Tradicional.



Cantamos? Imos cantar esta versión de "Uxía molona e a banda lambona"

"Verdescente"




Hoxe non vou deixarvos moito máis, xa que esta semana toca petiscar na frauta e repasar as cancións que sabemos. 

Gustaríame tamén que experimentedes cas palliñas e probedes a facer a frauta que nos ensinou onte Abraham Cupeiro. É moi doado de facer e sorprendente o resultado. Animádevos e compartídeo. Déixovolo aquí outra vez.


                          


Despedímonos cun dos instrumentos que vimos onte no Concerto Didáctico, e un dos máis populares da nosa cultura: a pandeireta. 
O que imos escoitar titúlase "Xota de Negreira de Vilamaior". Os músicos son  Davide Salvado, voz e pandeireta, Cibrán Seixo que toca o violín e o moog, un teclado ou pedalero que se toca cos pes, como podedes ver no vídeo, e  Fransy González, voz e pandeireta. Fransy é a mestra de pandeireta de Xiradela e estivo con nós no concerto do Día das Letras, falou sobre a pandeireta e  cantou un par de pezas para nós.
Os instrumentos da música tradicional, como a pandeireta, pódense fusionar con calquera outro instrumento, sen deixar o seu caracter tradicional. Se vos gusta, podedes seguir curioseando en youtube e veredes que estes músicos teñen moitas pezas bonitas.

Espero que vos guste.




                  Traballade moito! Un grande achuchón!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...