#xuntosconseguirémolo |
Ola músicos e músicas!!
Como estades? Espero que todo vaia ben. Ánimo, que estamos na recta final!!
Hoxe vou deixar unha partitura para os/as que vos apeteza facer algo novo.
"O son do ar". Bieito Romero
Imos botar un ollo. Hai algunha cousiña nova, mais ao ser unha melodía coñecida para todos/as, vai ser moito máis doado.
Compás: 6/8. Non o vimos no cole. É o compás da muiñeira. Cada compás ten dúas partes (como o 2/4), pero en cada parte entra unha negra con puntiño (no 2/4, unha negra). Polo tanto entrarán 3 corcheas en cada parte, e 6 corcheas (3 megras) en todo o compás.
Grupos rítmicos. Básicamente son os grupos que aprendimos na partitura da "Rianxeira" : 3 corcheas, corchea con puntiño, semicorchea e corchea e negra con puntiño.
Alteracións: fa sostenido. Sabédelo de memoria.
Sinais de repetición: dous puntiños e 1º e 2º vez. Chupao!!
Veña!!! Mans á obra. Escoitádea varias veces seguindo a partitura ca vista. Veredes que, aínda que ten novidades, non é complicada. Déixovos aquí a partitura por se a queredes imprimir.
"O son do ar". Frauta.
"O son do ar". Luar na lubre.
Animádevos a enviarme algún vídeo tocando esta canción ou a que prefirades. Veña... que xa queda pouco e hai que ir preparando o Concerto de Fin de Curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario