domingo, 17 de maio de 2020

"Esto báilase así"

"As mariscadoras". Luis Seoane.                                                                                                                   Matthew, 6ºC

Ola rapaces e rapazas!  

Que vos pareceu o Concerto Didáctico do Día das Letras? Se aínda hai algún/algunha de vós que non o viu, recoméndovolo porque participan moitos/as compas do cole e ides aprender moitas cousas sobre os instrumentos traicionais galegos. Tamén poderedes desfrutar dunha exposición de cadros dos vosos/as compañeiros/as de sexto, sobre a obra da pintora Menchu Lamas; non o podedes perder.

Imos comezar a clase cantando una canción popular galega. Seguro que vos soa. Veña... a cantar e a bailar esta versión de "Uxía molona e a banda lambona".
"Esto báilase así"



Agora imos facer este exercicio rítmico con esta composición de Carlos Núñez. Veredes que a partitura indícavos que hai que tocala con pandeireta, axóuxere, claves ... pero nós imos facela con percusión corporal deste xeito:

Pandeiro: pes.
Claves e caixa chinesa: palmadas.
Axóuxere e pandeireta: xeonllos.
Tedes que tocar cando comecen a aparecer os instrumentos. Cando non hai instrumento, estades en silencio: ssshh!!!!! Prestade atención e veredes que a medida que a practiquedes, vai saíndo.

"Moita festa". Carlos Núñez.


                             

Gustaríame tamén que experimentedes cas palliñas e probedes a facer a frauta que nos ensinou onte Abraham Cupeiro. Tédelo que facer cun adulto porque precisades tresoiras. Xa veredes que ben soa. Animádevos a facelo e enviádemo para compartir cos compañeiros/as.  



Imos aprender a debuxar algún dos instrumentos tradicionais galegos que vimos no concerto. Debuxádeos o poñédelle o nome a cada instrumento. Despois podedes mandarmo, así vexo o  ben  que debuxades.

Debuxo unha gaita (este é un poquiño difícil)

Despedímonos cun dos instrumentos que vimos onte no Concerto Didáctico, e un dos máis populares da nosa cultura: a pandeireta. 
O que imos escoitar titúlase "Xota de Negreira de Vilamaior". Fransy González toca a pandeireta e canta e moitas de vós coñecédela porque Fransy é a mestra de pandeireta de Xiradela: Fransy estivo con nós no concerto do Día das Letras, falou sobre a pandeireta e  cantou un par de pezas para nós, igual que algunhas nenas de segundo de terceiro e de cuarto.

Os instrumentos da música tradicional, como a pandeireta, pódense fusionar con calquera outro instrumento, sen deixar o seu caracter tradicional. Se vos gusta, podedes seguir curioseando en youtube e veredes que estes músicos teñen moitas pezas bonitas.

Espero que vos guste.




E de premio cantamos un conto, titulado "Rosalía Pequeniña".




Traballade moito rapaces e pasádeo moi ben!! 



Un grande achuchón!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...