"As Mariscadoras". Luis Seoane. Jimena, 6ºC |
Ola rapaces e rapazas!
Que vos pareceu o Concerto Didáctico do Día das Letras? Se aínda hai algún/algunha de vós que non o viu, recoméndovolo porque participan moitos/as compas do cole e ides aprender moitas cousas sobre os instrumentos traicionais galegos. Tamén poderedes desfrutar dunha exposición de cadros dos vosos/as compañeiros/as de sexto, sobre a obra da pintora Menchu Lamas; non o podedes perder.
Imos comezar a clase cantando una canción moi popular "A Carolina". Todos/as a coñecemos pero ... se guro que nunca a cantastes deste xeito. Imos cantar esta versión de "Uxía molona e a banda lambona".
Gustaríame tamén que experimentedes cas palliñas e probedes a facer a frauta que nos ensinou onte Abraham Cupeiro. Tédelo que facer cun adulto porque precisades tesoiras. Xa veredes que ben soa. Animádevos a facelo e enviádemo para compartir cos compañeiros/as. Imos comezar a clase cantando una canción moi popular "A Carolina". Todos/as a coñecemos pero ... se guro que nunca a cantastes deste xeito. Imos cantar esta versión de "Uxía molona e a banda lambona".
"A Carolina"
Agora imos facer este exercicio rítmico con esta composición de Carlos Núñez. Veredes que a partitura indícavos que hai que tocala con pandeireta, axóuxere, claves ... pero nós imos facela con percusión corporal deste xeito:
Pandeiro: pes.
Claves e caixa chinesa: palmadas.
Axóuxere e pandeireta: xeonllos.
Tedes que tocar cando comecen a aparecer os instrumentos. Cando non hai instrumento, estades en silencio: ssshh!!!!! Prestade atención e veredes que a medida que a practiquedes, vai saíndo.
Imos aprender a debuxar algún dos instrumentos tradicionais galegos que vimos no concerto. Debuxádeos o poñédelle o nome a cada instrumento. Despois podedes mandarmo, así vexo o ben que debuxades.
Debuxo unha pandeireta
Debuxar un tambor
Debuxo unhas cunchas
Debuxo unha gaita (este é un poquiño difícil)
Despedímonos cantando un conto, titulado "Rosalía Pequeniña".
Ata a semana rapaces!! Traballade moito e pasádeo moi ben!!
Imos aprender a debuxar algún dos instrumentos tradicionais galegos que vimos no concerto. Debuxádeos o poñédelle o nome a cada instrumento. Despois podedes mandarmo, así vexo o ben que debuxades.
Debuxo unha pandeireta
Debuxar un tambor
Debuxo unhas cunchas
Debuxo unha gaita (este é un poquiño difícil)
Despedímonos cantando un conto, titulado "Rosalía Pequeniña".
Ata a semana rapaces!! Traballade moito e pasádeo moi ben!!
Moitos bicos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario