#euquedonacasa |
Ola! Xa chegastes? Veña... que temos moito que facer!!
A semana pasada, con Matías, aprendimos moitas cousas da familia da percusión. Hoxe imos comezar a clase coñecendo á Familia do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira ou de metal. Na clase de hoxe imos coñecer aos instrumentos de vento madeira. Veredes que ben volo explican estes amigos.
Estades sorprendid@s por atopar ao acordeón nesta familia? O acordeón despístanos porque o ar que precisa non o consigue soprando; isto vaino explicar Mara, unha compañeira de sexto, nas vindeiras semanas. Tamén é importante saber que o acordeón e a armónica non están presentes nas orquestras porque son instrumentos populares.
FAMILIA DO VENTO MADEIRA
A familia do vento madeira caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!
O timbre? que será iso do timbre? Pois... xa non lembramos...
Tedes razón chic@s! Aínda non estaba explicado... que cabeza! Cando escoitamos un son podemos dicir se é forte ou suave, grave ou agudo, longo ou curto e tamén podemos dicir se é dun can, dun gato ou dun elefante. Esas son as cualidades do son:intensidade (forte/suave), altura grave/agudo)duración (longo/curto) e timbre, que nos axuda e identificar o son.
Estivestes atento@s? Repetide as cualidades do son:
Imos comprendelas un pouquiño.
Hoxe imos comezar polo timbre. O timbre é unha das cualidades do son que nos axudan a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos ... Con este exercicio practicaredes esta cualidade do son.Prestade moita atención e ide apuntando o animal, o obxecto, a voz e os instrumentos que soan. Ao final da clase deixarei as solucións. Non fagades trampa, eh?? 😉
Abride den as orellas porque imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén quixeron xogar e "coláronse".
"Pedro e o lobo"
"Pedro e o lobo" é un conto musical composto por Serguéi Prokófiev, un músico ruso. Neste conto, cada instrumento representa a un personaxe da historia. Como son moi educadiños, o primeiro que van facer é presentarse. Escoitade:
Queredes que vos explique como se fixo este conto? Veredes: Prokófiev tiña unha amiga, chamada Natalya, que era mestra no teatro infantil de Moscú. Natalya quería ensinarlle aos seus alumn@s os instrumentos musicais e algunhas cousiñas de música, así que pedíulle ao seu amigo Prokófiev que compuxera unha música a través da cal @s nen@s poideran descubrir algúns dos instrumentos da orquestra. A Prokófiev non lle fixo moita graza porque el só compoñía música para xente maior, pero Natalya insistiu tanto que, finalmente, compuxo este conto en catro días.
O estreo foi o 2 de maio de 1935, xustamente hai 85 anos !!! Máis adiante, no ano 1946, Disney fixo unha animación desta historia. Déixovos aquí dúas versións:
♫ Versión orixinal da animación en inglés, con subtítulos en castelán. Esta versión está narrada por David Bowie, un músico inglés moi famoso. Así poderemos aprender algunhas palabriñas en inglés.
♫ Versión orixinal da animación en castelán. "Pedro e o lobo"
COÑECEMOS A ...
Serguéi Prokófiev foi un pianista, compositor e director de orquestra ruso. Naceu en Moscú no ano 1891 e morreu no 1953. Está considerado como un dos principais compositores do século XX. Compuxo concertos, sinfonías, ballets e tamén, o conto que acabamos de escoitar. Prokófiev titulouno "Pedrín y el lobo" , e está basado nun conto popular ruso.
Con esta ficha poderedes relacionar os personaxes co instrumento que o interpreta; así aprenderedes esas palabriñas en inglés.
Antes de marchar ...
♫ Corrreximos o exercicio do timbre.
♪ Timbre dos animáis: ovella, galiña, elefante.
♪ Timbre dos obxectos: secador, lata, microondas.
♪ Timbre das voces: bebé, mozo cantando.
♪ Timbre instrumentos musicais: piano, carillón, frauta.
♫ Aprendemos a debuxar os instrumentos do concerto de hoxe:
O clarinete de Pablo
A frauta de Olivia
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula
♫ Escoitamos varias pezas curtas, onde aparecen os diferentes instrumentos da familia do vento madeira.
Espero que vos gusten !!!
"Los cazafantasmas". Ray Parker.
Aquí veredes distintas frautas, diferentes saxofóns e clarinetes.
A frauta de Olivia
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula
♫ Escoitamos varias pezas curtas, onde aparecen os diferentes instrumentos da familia do vento madeira.
Espero que vos gusten !!!
"O son do ar". Bieto Romero.
"Los cazafantasmas". Ray Parker.
Aquí veredes distintas frautas, diferentes saxofóns e clarinetes.
E unha divertida historia protagonizada por este simpático saxofón.
A vida con música soa mellor.
Ata a semana! Bicos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario