"As mariscadoras". Luis Seoane. Hajar, 6ºC |
Ola! Benvidas e benvidos a Petiscos Musicais!
Hoxe, 17 de maio, Día das Letras Galegas, é un día moi especial e ímolo festexar cun Concerto Didáctico no que coñeceremos máis a fondo algúns dos instrumentos tradicionais da nosa cultura. Para isto temos con nós a uns/unhas mestres/as de primeira que falarán dos seus instrumentos e deleitarannos con algunha peza.
Preparádevos. Hoxe ...festa rachada!!!
Comezamos cun dos instrumentos tradicionais galegos máis populares. Esta copla tradicional será a encargada de presentalo.
Saca Marica do fondo da ucha
un neto de caña do tinto ribeiro;
saca, Marica, que case me ole,
mentras que ven esa gaita de fole.
Copla tradicional.
Descubristes de que instrumento estamos a falar? Claro que si! A gaita de fol. Para falar un pouquiño deste instrumento imos comezar co primeiro convidado. Chámase Dubi, é mestre de gaita e percusión tradicional, ademáis dun bo amigo. Hoxe está con todos nós para contarnos cousas moi interesantes sobre a gaita de fol. Escoitade con moita atención.
Dubi e Carmen, nai duns alumnos do cole, trouxeron este vídeo para vós. Vaivos encantar; espero que me enviedes as vosas creacións. Grazas aos dous!
Moitas grazas Dubi! Agradecemos moito que compartiras con nós un anaquiño deste día. Non marches; nós tamén temos algo para ti. Agardamos que sexa do teu agrado.
Enzo e Natalia levan moi pouquiño tempo tocando, mais quixeron agasallarnos con estas pezas. Moitas grazas polo voso esforzo e participación, rapaces.
Agora vouvos presentar a Pepe, un amigo da familia. Pepe toca un instrumento que moitas e moitos de vós nunca vistes e que forma parte da nosa cultura desde hai séculos: a zanfona.
Coplas tradicionais
Agora vouvos presentar a Pepe, un amigo da familia. Pepe toca un instrumento que moitas e moitos de vós nunca vistes e que forma parte da nosa cultura desde hai séculos: a zanfona.
Anda o cego ca zanfona Un cego caeu nun pozo
tocando de feira en feira; outro cego lle miraba,
a conta de catro parvos outro cego lle decía:
henche o cego a faltriqueira. xa está a zanfona mollada.
Sabedes que Pepe foi o meu profesor de matemáticas cando eu era unha rapaza? Pois si, e hoxe faime moita ilusión que estea con nós, amosándonos este fermoso instrumento. Moitas grazas, Pepe !!
Que sería destas fermosas melodías sen o acompañamento dos instrumentos de percusión? Mirade que boa parelliña fan os instrumentos que tocan Iria e Mateo.
Que ben tocan estes rapaces!! Iria foi alumna do noso cole ata que marchou para o instituto; hoxe estou moi contenta que poidas participar neste concerto co teu irmán Mateo. Grazas, rapaces!!
Esta miña pandeireta Tocai ben a pandeireta
ten o coiro de castrón, pra que sonen as ferreñas,
o ariño de salgueiro que vai sair o Manuel
e as ferreñas de latón. a bailar co´a millor nena.
Coplas tradicionais
Para falar da pandeireta está aquí Fransy. Fransy é transmisora de música tradicional e unha das grandes no mundo da música tradicional galega. Estade moi atentos/as porque Fransy non veu soa; tróuxonos unha sorpresiña. Adiante esas pandereteiras e cantareiras!!!
Moitísimas grazas a Noa, Xiana, Olivia, Carmen, Camila e Noa; un agradecemento especial a Fransy, que foi a encargada de organizar este traballo. Foi un pracer estar con vós e a vosa música.
Eres a sota de bastos, O galiteiro toca a gaita
eres piollo reghalado, a muller toca o tambor,
eres tambor de cortiza os fillos tocan o bombo
que ten o coiro furado. o can ládralle ó roncón.
Coplas tradicionais
Seguimos ca percusión da man de Alexandre, un ensinante de música tradicional que nos vai amosar algúns dos instrumentos de percusión da tradición galega.
Que ben tocan estes rapaces!! Iria foi alumna do noso cole ata que marchou para o instituto; hoxe estou moi contenta que poidas participar neste concerto co teu irmán Mateo. Grazas, rapaces!!
Esta miña pandeireta Tocai ben a pandeireta
ten o coiro de castrón, pra que sonen as ferreñas,
o ariño de salgueiro que vai sair o Manuel
e as ferreñas de latón. a bailar co´a millor nena.
Coplas tradicionais
Para falar da pandeireta está aquí Fransy. Fransy é transmisora de música tradicional e unha das grandes no mundo da música tradicional galega. Estade moi atentos/as porque Fransy non veu soa; tróuxonos unha sorpresiña. Adiante esas pandereteiras e cantareiras!!!
Eres a sota de bastos, O galiteiro toca a gaita
eres piollo reghalado, a muller toca o tambor,
eres tambor de cortiza os fillos tocan o bombo
que ten o coiro furado. o can ládralle ó roncón.
Coplas tradicionais
Seguimos ca percusión da man de Alexandre, un ensinante de música tradicional que nos vai amosar algúns dos instrumentos de percusión da tradición galega.
Moitísimas grazas Alexandre, por estar hoxe con nós e por amosarnos estes instrumentos dun xeito tan entretido.
Ata aquí cos instrumentos de hoxe. Se queredes saber máis sobre eles e moitos outros, poderedes descubrilos na páxina Os instrumentos musicais na tradición galega facilitada por Alexandre.
Convídovos tamén a visitar o blogue percusiongalega.com, un espazo moi interesante creado por Dubi e adicado á didáctica da percusión galega.
Para seguir gozando da música con Fransy González, déixovos este enlace para escoitar a Xota de Negreira de Vilamaior, que forma parte do seu novo proxecto musical xunto a Davide Salvado e Cibrán Seixo.

Seguimos gozando da música. Imos darlle a benvida a estes mariñeiros e mariñeiras de segundo de primaria recén chegados do mar para cantarnos esta canción popular.
"Catro vellos mariñeiros"
Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado de segundo de primaria que elaboraron esta montaxe para compartir neste día.
Da arte da música pasamos á arte da pintura. Este curso estivemos traballando no proxecto "Galicia pinta"; nesa andaina coñecimos, entre outros, a pintores e pintoras de Galicia como Jorge Peteiro, Luis Seoane e Menchu Lamas, da que vos presentamos unha exposición dos cadros creados polas rapazas e rapaces de sexto de primaria. Esperamos que vos guste!
"Galicia pinta"
E ata aquí chegamos no día de hoxe. De novo, quero agradecer a todos/as os/as que, con tan boa vontade e ilusión, participastes neste concerto organizado desde a aula de música do Ceip Arteixo, para festexar o Día das Nosas Letras e da Nosa Cultura. Tamén darvos as grazas aos que, da outra beira, estivestes compartindo con nós un anaquiño deste día.
Pechamos o concerto cunha sopresa. Artai xa non está no cole, mais hoxe quixo agasallarnos con esta fermosa interpretación ao violín do Himno Galego. Estou segura que vos gustará! Unha grande aperta a todas e todos. Feliz Día das Letras Galegas!!
Moitas grazas Artai!!
Parabéns a mestra e tamén ós seus artistas convidados. Un xeito moi fermoso de celebra o Día das Letras Galegas.
ResponderEliminarSaúde e moito ánimo‼️
Grazas César. As túas achegas fixeron posible a presenza dalgún dos convidados. Unha aperta!
EliminarMuy bien Artai espero verte pronto en un concierto
ResponderEliminarBonito reportaxe. Bo dia das letras galegas. Artai un crack!
ResponderEliminarEs genial
ResponderEliminar