mércores, 6 de maio de 2020

EmocionArte

#euquedonacasa

                 

                           “Expreso as miñas emocións”



Ola rapazas e rapaces: 
Esperamos que esteades ben. Deixámosvos aquí a segunda proposta de plástica. 


Título: libre   
Técnica: libre
Prazo de entrega: venres 3 de maio.

Antes de comezar, queríamos concretar algún aspectos relacionados con estas actividades plásticas:
  • Gustaríanos recibir os vosos traballos. Para iso, podedes facerlle foto e envíala aos nosos correos electrónicos. Están na páxina do cole.Ata o momento, apenas recibimos traballos. Os/as que o teñades feito, enviádeo canto antes, tanto o traballo plástico como a ficha de información. Sodes moitos e precisamos tempo para velo con calma. Os/as que aínda non o fixestes ou non o rematastes, animámosvos a que o vaiades facendo ou rematando, así non se vos acumulará  o traballo ( nen a nós á hora de corrixir).
  • Fixádevos no prazo das actividades e procurade cumplilo. Se tedes algún problema ou dúbida, consultade ca vosa profe.

O traballo destas dúas semanas consiste no seguinte:

Expresar algunhas das emocións que sentistes nestas semanas de confinamento a través das cores e da actividade plástica. Pensade no que facedes e no que sentides no día a día e intentade plásmalo na vosa obra. Seguro que nestes días experimentastes sentimentos contraditorios: alegría e tristeza, rabia e resignación, ánimo e desánimo... Podedes expresar o vivido e sentido nestas semanas do xeito que prefirades.

Como podemos comezar? Primeiro identificando a/s emoción/s que sentimos. Para isto tedes que reflexionar.  Escollemos unha ou varias. Algúns exemplos:

- Síntome triste porque …
- Síntome contento porque...
- Síntome aburrid@ porque…
- Síntome ilusionad@ porque …
- Síntome moi enfadad@ porque …
- Síntome moi enfadad@ porque …
- Síntome relaxad@ porque …
- Etc

Unha vez escollida a emoción ou emocións que queredes expresar, teredes dúas opcións a realizar este traballo.

    - Opción 1. Observade as obras propostas, ao final destas pautas, do pintor Joan Miró. Escollede a que máis vos guste ou mellor se adapte á emoción que queredes transmitir.Teredes que coloreala de xeito que exprese a emoción sentida por vós. Non busquedes a obra orixinal do pintor (traballaremos con el nas vindeiras semanas); simplemente escollede unha das que vos propoñemos e intentade reflexar nela, a través das cores, os vosos sentimentos. Que cores escolleriades para expresar alegría, tristeza, medo, forza interior …? 
   - A técnica é libre: acuarela, collage, debuxo a lapis,  acrílico, traballo con volumen … Podedes engadir elementos que axuden á expresión, aínda que non estean na obra orixinal. Adaptádevos ao material que haxa na casa.

   - Opción 2. Crear unha expresión que transmita a emoción escollida. Buscade na casa unha luva, unha manopla ou un calcetín vello. Con diferentes materias de refugallo (botóns, pompóns, lá, fieltro, teas vellas … ) facédelle os elementos da cara que expresen a alegría, o medo, a tristeza, a sorpresa, o anoxo … que queredes transmitir.

     Para as dúas opcións:

·     - Poñede título á vosa obra: terá que ver ca emoción que sentides e expresades.
·       - Nunha folla aparte teredes que facer unha breve explicación/interpretación do voso traballo. Fixádevos na redacción e na ortografía. Comezará así:

“Síntome (emoción/s escollida/s) porque … explicación do que queredes expresar e por que sentides esa/s emoción/s. Reflexionade e intentade descubrir que poderiades facer vós para que eses sentimentos poidan transformarse nunha oportunidade para ser máis fortes. Por exemplo: se sinto medo, que podo facer para superarlo e para enfrentarme a el? Se sinto alegría, que podo facer para que esa alegría poida contaxiar aos que me rodean?
Cada un de vós faredes un traballo. Poderedes escoller a opción  que queirades. De xeito voluntario, poderedes facer traballos das dúas opcións.

Importante: ide enviando os traballos a medida que os rematedes. Anotade o prazo de entrega na axenda.

Esperamos que desfrutedes con esta actividade.

     Unha aperta.



 Consultade no documento publicado na web do centro o día  20/4/2020. Alí están as propostas plásticas.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...