luns, 25 de maio de 2020

Viaxando polas cordas




#xuntosconseguirémolo


Ola rapazas e rapaces!


Que vos pareceu o concerto de hoxe?  Xenial, non si?
Hoxe imos aprender xuntos un pouquiño da historia dalgún dos instrumentos de corda. Comezamos!!!
Dentro desta gran familia, os instrumentos clasifícanse, dependendo de como se produza o seu son, en instrumentos de corda fretada, de corda percutida e de corda pulsada ou punteada. Imos ver que instrumentos pertencen á familia da corda, ou instrumentos cordófonos.



Ímonos centrar na corda percutida e na corda pulsada. Para afondar neles, imos ver unhas fotos de familia.


Instrumentos de corda pulsada ou punteada




Aínda que nesta foto aparecen os máis coñecidos, hai moitos máis que varían a súa forma, o seu nome, incluso o propio instrumento ten variantes  nas diferentes culturas. Pero iso xa o veremos noutra clase. Agora fixádevos ben nun dos instrumentos ... que raro semella!!!

Que é a cítara?

 A cítara é o instrumento musical de corda máis antigo que inicia a liña evolutiva do piano. É orixinario de África e do sudeste de Asia e remóntase á Idade do Bronce, arredor do ano 3000 antes de Cristo. Fixádevos se é antigo!!!
Este mestre explica moi ben que é a cítara, cal é a súa orixe e o xeito de tocala. Fixádevos nas partituras que se empregan. Son sorprendentes.  É un vídeo moi interesante e de seguro que vos vai gustar.




Ca cítara pódese tocar calquera tipo de canción. Coñecedes esta?


Claro que si! É a música da película "The Beauty and the Beast" de Walt Disney.
Se vos gusta este instrumento, anímovos a que investiguedes máis sobre el e vexades máis vídeos; poderedes atopar moitos, con diferentes tipos de cítaras. 

Cambiamos de grupo e imos á corda percutida, onde o instrumento máis representativo é o piano, que pode ser vertical e horizontal ou de cola. Imos coñecer ao avó e ao pai do piano. 

Instrumentos de corda percutida



Salterio ou dulcimer.

A cítara foi evolucionando e inventouse o salterio ou dulcimer, un instrumento construído sobre os principios da cítara. Tiña forma tropezoidal dependendo das distintas lonxitudes das súas cordas. 

                                
O salterio seguiu a evolucionar. A idea era atopar algún tipo de mecanismo que non estivera en contacto cos dedos. Fixéronse bastantes experimentos; un deles foi o clavicordio. As súas cordas eran percutidas por pequenas púas de metal, accionadas polas teclas. Imos ver e escoitar un clavicordio orixinal do ano 1620. Que lonxe!! Veredes que xa ten bastante semellanza co piano.

                             

Como contou Naiara no concerto de hoxe, o inventor do piano foi Bartolomeo Cristofori e chamoulle pianoforte, pola capacidade que tiña de facer sons de diferente intensidade: suaves (piano) e fortes (forte). Estes amigos van explicarnos moi ben o que queren dicir estas palabras. Tomade nota!!!

"Piano, forte"

                        

Imos ver unha escea da película "Amadeus" na que o seu protagonista Mozart, toca nun pianoforte.

                               
,
Desde os primeiros pianos de Cristofori ata a actualidade houbo grandes melloras e avances, mais a idea fundamental para a súa construcción segue a ser a mesma. Na maquinaria do piano as cordas son percutidas por macillos, accionados polas teclas, que rebotan inmediatamente deixando á corda vibrar libremente. Imos ver un piano por dentro. 

                         

TIPOS DE PIANOS


🎹 Piano de cola



No piano de cola, a caixa de resonancia e as cordas atópanse en posición horizontal.


🎹 Piano vertical


No piano vertical, ou piano de parede, a caixa de resonancia e as cordas están en posición vertical.





🎹 Piano eléctrico ou dixital

O piano eléctrico produce o son mecánicamente e convérteo nun sinal de audio electrónica mediante pastillas (pickups). É un instrumento electromecánico.



Para rematar, déixovos cunha escea da película "El pianista". Para a súa interpretación o actor protagonista, Adrien Brody, aprendeu a tocar o piano por si mesmo.  Pola súa interpretación gañou un Óscar con 29 anos. 
                        
"Ballada nº1". Frédéric Chopin.

                             


Antes de marchar, animádesvos a construír algún instrumento de corda esta semana? Deixovos aquí algúns enlaces. Hai moitas posibilidades. Para algúns precísase empregar tesoiras e/ou cuter; lembrade que para iso precisades a axuda dun adulto. Enviádeme as fotos !!! 

Cítara con caixa de cartón. Moi facilliño. Podedes facelo do tamaño que queirades.
Guitarra con caixas de cartón.  É faciliño; hai que cortar. Ollo!
Guitarra con bote de plástico. Moi faciliño tamén; hai que cortar. Ollo!
Piano de cartón. Bastante complicado pero é tan bonito ... Mirádeo!!


Agora sí que marchamos. Vémonos a semana que ven! Traballade moito e petiscade na frauta os cursos 3º,4º,5º,e 6º.

 Non vos esquezades!!!






                  "Johnny be good". Chuck Berry. Da película "Regreso al futuro"

                            
                                   


Máis bicos !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...