Concertos Didácticos |
Benvidas e benvidos a un novo Concerto Didáctico.
Hoxe dedicaremos este espazo a algúns dos instrumentos que forman a familia do vento madeira: a frauta traveseira, o clarinete e o saxofón.
Preparádevos porque hoxe temos a sorte de poder escoitar a moitos instrumentistas. Todas/os son compañeiras/os do cole e van ensinarvos moitas cousas sobre estes instrumentos. Que comece a música!
En primeiro lugar imos escoitar a Carlota, que vai falar sobre o seu instrumento: a frauta traveseira.
Pablo vai ser o encargado de amosarnos o clarinete.
Chega Jimena, que vai explicarnos aspectos moi interesantes do seu saxofón.
Que tal? Gustouvos? Estou segura que si. Imos darlle un grande e merecido aplauso a Jimena, a Carlota e a Pablo.
BRAVO, BRAVO, BRAVOOOO!!!!!
E ata aquí chegamos no concerto de hoxe. Espero que vos gustase tanto como a mín. Moitísimas grazas pola vosa participación a Paula, Marina, Alicia, Ainoa, Pablo, Jimena e Carlota. Tamén quero darlle as grazas a Olivia, que tiña a súa frauta maliña e hoxe non puido estar aquí, pero estará nas vindeiras semanas.
Non marchedes, vémonos agora no voso petisco.
Grazas a todos/as. Bicos!
Exposición de instrumentos
Seguimos ca exposición de instrumentos. Esta semana recibín moitas das vosas creacións. Grazas a todos e a todas. Desculpádeme se algún quedou "no tinteiro". Se fóra así, non vos preocupedes que estarán a semana que ven.
A maraca de Alba Martínez de 4ºA |
A guitarra de Brais Gómez, 3ºA |
|
A maraca de Claudia, 4ºB |
O tambor de Uxía, 4ºC |
O tambor de Natalia, 2ºA |
O tambor de David, 1ºC |
O tambor de Estela, 4ºA |
Pao de choiva de Jorge e Pedro Ares, 6ºA e 3ºB |
Pao de choiva de Samuel, 4ºB |
Moitas grazas a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario