luns, 11 de maio de 2020

Soprando a música


#xuntosconseguirémolo


Ola nenas e nenos!

Que vos pareceu o concerto de hoxe? Vaia familia e instrumentos! Todos bonitos e todos diferentes!!! Comezamos a clase con música. Fixádevos nestes instrumentos que van ser os protagonistas de hoxe.




O que acabamos de ver e escoitar é un quinteto de metáis: unha tuba, unha trompa, un trombón de varas e dúas trompetas. Os instrumentos da familia do vento metal ao completo interpretando "El vuelo del moscardón", do compositor ruso Rimsky Korsakov, un dos compoitores rusos máis populares do século XIX.
Imos escoitalo de novo cunha orquestra e unha directora moi divertidas.



FAMILIA VENTO METAL





Que guapos están na foto!!! Imos coñecelos.Tomade nota nunha folla e corrixide ao final da clase.


Repasamos o timbre de toda a familia do vento. Ollo! que hoxe tamén quixeron xogar  os de vento madeira e andan polo medio. 


Imos despedirnos deles cantando. Veña ... afinade esas voces!!!!



Calidades do son


Lembrades cales eran? A semana pasada falamos delas e traballamos o timbre. Hoxe imos traballar a altura. Imos comezar cun xogo. Ao final da clase deixarei as solucións.


Como xa vistes no concerto de hoxe, o acordeón é un instrumento de vento. O acordeón poder ser de teclado, como o de Joel e Mara, pero tamén pode ser de botóns. A diferencia entre eles está en que o de teclas pode tocar máis notas e máis cancións que o de botóns. Déixovos unha foto para que os comparedes.


O acordeón tamén pode interpretar música clásica. Escoitade a este xoven acordeonista lituano chamado Martynas Levickis. Interpreta "Danza húngara", de Johannes Brahms. 


Imos aproveitar esta música para facer un exercicio de ritmo. A ver se sodes capaces de seguila. Practicádeo varias veces para que saia ben.



Xa estamos a piques de rematar, pero antes de marchar:

🎺 Solucións ao exercicio do timbre.
    ♫ 1-Trompa/ 2- Trombón/3-Trompeta/4-Tuba

🎺 Solucións ao exercicio da altura do son.
    ♫ 1- C/2-B/3-A/4-C/5-A/6-B//

🎺Trompeta e acordeón. Debuxamos e construímos. Déixovos varias propostas. Facede a que máis  vos guste.  

Debuxamos unha trompeta
Debuxamos un acordeón
Papiroflexia. Fuelle de adordeón
Papiroflexia. Acordeón.
Acordeón con caixas de leite. Está en portugués. Cas imaxes é doado de comprender.

Estes traballos podédelos compartir ca vosa familia; hoxe son un pouquiño más difíciles. Xa sabedes que podedes mandar as fotos das vosas creacións (mellor foto que vídeo).

🎺 Importante: ide gardando dous tubos de cartón do papel albal. Precisámolos para facer una traballiños nas vindeiras semanas.

Hoxe traballamos moito. De premio, esta curtametraxe animada.  Espero que vos divirtades moito durante a semana facendo estas actividades.


"La trompeta mágica"





Un achuhón de oso 




Ata a semana!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...