martes, 5 de maio de 2020

A familia do vento madeira





Ola! Xa chegastes? Veña... que temos moito que facer!!


A semana pasada, con Matías, aprendimos moitas cousas da familia da percusión. Hoxe imos comezar a clase coñecendo á Familia  do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira  ou de metal. Na clase de hoxe imos coñecer aos instrumentos de vento madeira. Veredes que ben volo explican estes amigos.



Estades sorprendid@s por atopar ao acordeón nesta familia? O acordeón despístanos porque o ar que precisa para soar non se consigue soprando; pero isto vaino explicar Mara, unha compañeira de sexto, noutro concerto didáctico. Tamén é importante saber que o acordeón e a armónica non están presentes nas orquestras porque son instrumentos populares


Aquí temos unha foto de familia. 




Dentro da súa propia familia, clasifícanse dependendo como sexa a peza por onde se sopra. Escoitade con moita atención:

A familia do vento madeira caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!


                                                        
     
"As cualidades do son"
Lembras cales son? Repasamos:


Hoxe imos traballar o timbre, que a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos Imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".



Conto musical "Pedro e o lobo"

Agora imos ver e escoitar o conto musical "Pedro e o  lobo", onde aparecen a maioría dos instrumentos desta familia. Está composto por Serguéi Prokófiev, un músico ruso. Neste conto, cada instrumento representa a un personaxe da historia. Como son moi educadiños, o primeiro que van facer é presentarse.





 Vouvos contar a h¡storia de como se escrbiu este conto. Veredes. Unha amiga de Prokófiev, chamada Natalya, era actriz e mestra no Teatro Infantil de Moscú, e pedíulle a Prokófiev que escribira unha historia infantil para que os seus alumnos/as poideran descubrir algúns instrumentos da orquestra. A Prokófiev non lle fixo moita graza, porque el só escribía música para adultos. Natalya insistiulle tanto que non lle quedou máis remedio que facelo e escribiuno en catro días.
O estreo foi o 2 de maio de 1935, exactamente hai 85 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo unha animación desta historia. Ides ver dúas versións:

♫ Versión orixinal da animación en inglés, con subtítulos en castelán.  Esta versión está narrada por David Bowie, un músico inglés moi famoso. Con esta versión poderedes aprender o nome dos instrumentos en inglés.




♫ Curtametraxe animación en HD. Foi gañadora do Óscar no ano 2008 á mellor curtametraxe animada.

                                      

                                           Coñecemos a...








Serguéi Prokófiev foi un pianista, compositor e director de orquestra ruso. Naceu en Moscú no ano 1891 e morreu no 1953. Está considerado como un dos principais compositores do século XX. Compuxo concertos, sinfonías, ballets e tamén, o conto que acabamos de escoitar, que el titulouno "Pedrín y el lobo", que está basado nun conto popular ruso.

Agora poderedes plasmar todo o que aprendestes hoxe nunha composición feita por vós a partir destas fichas. Relacionade o personaxe co instrumento. Aproveitade para escribir os nomes en inglés. Se non tedes impresora, non pasa nada. Podédelo facer igual cos vosos debuxos.

Ficha "Pedro e o lobo"





Antes de marchar ...

♫ Aprendemos a debuxar os instrumentos do concerto de hoxe.

O clarinete de Pablo
A frauta doce
O saxofón de Jimena e Ainoa
A frauta de Carlota, Alicia e Paula.

 Escoitamos unha peza para desfrutar desta familia tan bonita.


"Hedwig´s Theme". Da película "Harry Potter"
Veredes diferentes flautas,saxofóns, clarinetes e oboe.




E ata aquí a clase de hoxe. 

Traballade moito e lembrade que a vida con música soa mellor.





Ata a semana!!! Bicos!!!!


1 comentario:

  1. Ola a todas e todos, bo día! A ficha de "Pedro e o lobo" está a dar problemas. Se non volo deixa abrir, intentade a través do enlace que engadín xusto enriba da ficha. Penso que por aí non haberá problema. Grazas.Bicos.

    ResponderEliminar

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...