#xuntosconseguirémolo |
Ola a todos e todas nun novo Concerto Didáctico!
Seguimos ca familia do vento, aínda que os instrumentos de hoxe son ben distintos entre eles, tanto pola súa apariencia como polo xeito de tocalos.
Uxía, Mara e Joel van axudarnos a coñecer mellor aos seus instrumentos: a trompeta e o acordeón. Comezamos??
Uxía, Mara e Joel van axudarnos a coñecer mellor aos seus instrumentos: a trompeta e o acordeón. Comezamos??
Uxía vai falar da trompeta, un instrumento tan antigo como brillante. Escoitádea con moita atención.
"Serenata"
Fixádevos agora neste outro instrumento. Tamén pertence á familia do vento, aínda que non se sopra. A ver que nos conta Mara.
"O salón das cereixas"
Moi ben rapazas!!! Que instrumentos tan bonitos!!!
Joel, un compañeiro de cuarto de primaria, toca moi ben o acordeón e hoxe está aquí con nós.
"A Robaleira"
Bravo rapaces, bravoooo!!!
Moitas grazas a Joel, Mara e Uxía pola vosa participación. Encantounos escoitarvos; non sempre temos a oportunidade de ter unha trompeta e un acordeón nas aulas. Grazas de novo.
Ímoslle dar un forte aplauso:
Antes de marchar imos escoitar a unha estupenda trompetista. É de Noruega e chámase Tien Thing Helseth. Escoitádea.
Allegro. Concerto en Do Maior de Maurice Andrec Marcello
Imos escoitar tamén a Martynas Levickis,un acordeonista de Lituania. Veredes que este instrumento, considerado popular, tamén pode tocar música clásica.
"Inverno" de Antonio Vivaldi.
Ata aquí o concerto de hoxe. Moitas grazas de novo a Joel, Uxía e Mara pola súa participación. Hoxe aprendimos moito con vós. Animádevos a deixarlle os vosos comentarios; seguro que lles gusta.
Aproveito para dicirvos que o vindeiro domingo 17 de maio terá lugar aquí, en Petiscos Musicais, un Concerto Didáctico para celebrar o "Día das Letras Galegas". Imos ter moitos/as convidados/as que nos van ensinar algúns dos instrumentos da nosa cultura. Non faltedes!!!!
Exposición de instrumentos
Seguimos compartindo instrumentos dalgúns compañeiros. Grazas a todos/as!
O tambor de Inés, 4º C |
Tambor e pao de choiva Laura Lagüela, 5º A |
A guitarra de Hugo, 4ºC |
Alba Vilanova, de 1ºA, ten un instrumento moi orixinal. Mirádeo!!!
A súa irmá Lucía, de 4º A, tamén aproveitou o que atopou por casa para facer ritmos.
Jose e Rubén (6ºA, 2ºC) construíron moitos instrumentos. Escoitade o que tocaron con eles.
Jose tamén elaborou un pao de choiva
Jorge e Pedro (6ºA e 3ºB) construíron xuntos este pao de choiva.
Alonso, de 4ºA, construíu moitos instrumentos e interpretou con elels a música de Carlos Nuñez .
E ata aquí chegamos.Moitas grazas a todas e todos. Seguide enviando os vosos traballiños. Ide xa para o voso petisco que temos moito traballo.
Unha grande aperta
👏👏👏👏😘😘😘
ResponderEliminar