#xuntosconseguirémolo |
Ola a todas e todos!
Que vos pareceu o concerto de hoxe? Vaia familia de instrumentos! Todos bonitos e todos diferentes!!! Comezamos a clase con música.
O que acabamos de ver e de escoitar é un quinteto de metáis: unha tuba, unha trompa, un trombón de varas e dúas trompetas. Os instrumentos da familia do vento metal ao completo interpretando "El vuelo del moscardón",do compositor ruso Rimsky Korsakov, un dos compositores rusos máis populares do século XIX.
Familia de vento metal
Imos coñecelos. Prestade atención.
Intentade recoñecer o seu timbre. Anotade e comprobade ao final da clase.
Repasamos o timbre de toda a familia do vento. Ollo! que hoxe tamén quixeron xogar os de vento madeira e andan polo medio.
Calidades do son
Lembrades cales eran? A semana pasada falamos delas e traballamos o timbre. Hoxe imos traballar a altura. Imos comezar cun xogo. Ao final da clase deixarei as solucións.
Imos escoitar a mesma peza do principio da clase, "El vuelo del moscardón", ca familia dos saxofóns. Veredes que hai catro saxos diferentes que se diferencian pola altura do seu son. De agudo a grave: saxo soprano, saxo tenor, saxo alto e saxo barítono. Lembra: canto máis grave, máis grande; e canto máis agudo, máis pequeno. Agora, tes que identificalos.
Como xa vistes no concerto de hoxe, o acordeón é un instrumento de vento. O acordeón poder ser de teclado, como o de Joel e Mara, pero tamén pode ser de botóns. A diferencia principal entre eles é que o acordeón de teclas pode facer máis notas que o acordeón de botóns. Imos escoitar a mesma canción nos dous tipos de acordeón.
"My heart will go on-Titanic". Celine Dion.
Soavos? Claro que sí! Xa vedes que o acordeón pode tocar música tradicional, popular, clásica ... ata música de película! Como esta que acabamos de escoitar e que todos e todas coñecedes: a melodía máis coñecida da banda sonora da película "Titanic". Moitos/as compañeiros/as levades tempo con gana de aprendela. Pois aquí queda. Desfrutádea.
Ata o compás 25 temos un bemol para a nota "si". No compás 26 cambia a tonalidade: o "si" pasa a ser natural e ides ter que tocar o "fa" e o "do" con sostenido. Deixo abaixo táboa de dixitación para consultar.
Tamén un vídeo do profe "Don Lu Musical" onde podedes ver as dixitacións.
Táboa de dixitacións
Imos marchar, pero antes:
🎺 Solucións ao exercicio do timbre.
♫ 1-Trompa/ 2- Trombón/3-Trompeta/4-Tuba
🎺 Solucións ao exercicio da altura do son
♫ 1- C/2-B/3-A/4-C/5-A/6-B//
🎺 Construímos e debuxamos. Déixovos varias propostas. Facede a que máis vos guste. Lembrade que podedes enviarme as fotos das vosas creacións para compartilas no blog (mellor foto que vídeo).
Acordeón con caixas de leite. Está en portugués. Cas imaxes é doado de comprender.
Debuxamos unha trompeta
Debuxamos unha trompeta
Ata aquí a clase de hoxe. Ide repasando todas as partituras de frauta deste curso, as que vimos no cole e as que estamos aprendendo na casa. Practicade todas as semanas que xa estamos na conta atrás!!!
De premio, e despois do traballo, esta curtametraxe animada.
De premio, e despois do traballo, esta curtametraxe animada.
"La trompeta mágica"
Bicos a todos e todas: Moito ánimo chic@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario