mércores, 18 de novembro de 2020

Somos luthiers


"Somos luthiers"


Ola rapaces e rapazas:

Que significará esa palabra tan rara? 

Antes, luthier ou lutier era a persoa que construía  ou reparaba instrumentos de corda. Agora, chamamos luthier á persoa que constrúe ou repara calquera instrumento musical, sexa de corda, vento ou percusión.

Este curso ímonos convertir en luthiers construíndo, trimestre a trimestre, instrumentos das tres familias para crear a nosa propia orquestra. Apetécevos?? 
Pois veña, non hai tempo que perder.

Comezamos cunha frauta ben sinxela. Ímola construír para practicar na clase. Algúns de vós xa construistes frautas moi chulas de cartón, de papel, con envases de espuma ...
Hoxe déixovos aquí unha idea moi sinxela. Podedes poñela ao voso gusto ou animarvos con outras propostas. Cando estea rematada, teredes que traela a clase para practicar a dixitación das cancións. Pedide axuda se o precisades e lembrade que as frautas teñen sete buratos diante e un detrás 😉


Agora que xa temos frauta, imos practicar un pouquiño cunhas cancións de Nadal que dentro de nada xa estamos co turrón!!! 🎄🎄🎅🎅

"Estreliña, onde estás?"



     "Jingle Bells" (Versión curta)


                                           Jingle Bells! (Versión longa)


Practicade moito estas cancións e lembrade de repasar as anteriores.

E agora xogamos  a ser ...   

                                    Os Detectives da Música!! 



Esta semana imos investigar estes misterios. Prestade atención e apuntade os vosos descubrimentos na libreta de música. O vindeiro día de clase, teredes que conatrnos o que descubristes.

🔍En que país naceu Beethoven? Averigua a data do seu nacemento.

🔍Cantos anos antes ca ti naceu Beethoven?

🔍Averigua en que ano morreu. Cantos anos fai da súa morte?

🔍 Cantos anos tiña cando morreu?

🔍 Cal era o seu instrumento preferido?

🔍 Que enfermidade tivo Beethoven ? Coñeces algunha das súas 
     composicións?


Agora que xa descubristes estes misterios, déixovos aquí unha maneira moi orixinal de descubrir a vida de Beethoven.

A vida Ilustrada de Ludwig Van Beethoven


Beethoven. Concerto nº 5, "Emperador". Adagio

 Podedes escoitala mentres leedes, pintades ou vos relaxades. Espero que vos guste.



Ímonos despedir coa escena final da película "El discurso del Rey". Conta a historia do rey de Inglaterra que, con moito esforzo, intenta superar os problemas de tartamudez que ten desde neno. É unha película preciosa onde poderedes escoitar moita música de Beethoven e tamén algo de Mozart.

Beethoven. Sinfonía nº 7 en La mayor. Allegretto


                                           Ata a semanaaaaa !!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...