luns, 1 de xuño de 2020

Hoxe tocan ... as cordas fretadas!!


"Músicos". José María Barreiro.

Ola a todas e todos e  benvidas/os  a un novo concerto didáctico.
Como vos prometín a semana pasada, hoxe temos con nós á familia da corda fretada. Para amosarnos os segredos destes instrumentos, contamos ca participación dalgunhas compañeiras do cole e dun convidado de excepción. Imos recibilas/os cun forte aplauso.



Para as presentacións contamos cunhas convidadas  ás que lle gusta moito a música: a pintura e a escultura. Elas encargaranse darlle entrada aos protagonistas de hoxe. Imos?
Comezamos co benxamín da familia. Se queredes coñecer algunhas cousiñas deste instrumento, escoitade con moita atención a Sabela, a Nuria e a Vicky. 




Pasamos a outro dos instrumentos desta familia. Veredes que ten moitas semellanzas pero tamén algunhas diferenzas, comezando polo tamaño. Queredes saber cal é? Pois veña, imos escoitar a Lía.




Preparádevos agora porque imos ver un xigante musical. Para falar do instrumento máis grande da  familia da corda fretada está con nós un convidado de excepción: Luciano Varela, un contrabaixista que vos deixará ca boca ben aberta. Escoitade!!!



Seguro que vos decatastes que aquí falta alguén; pois si, falta a viola. Como sabedes, a viola é un pouquiño máis grande e máis grave co violín. Podemos dicir que o seu son atópase entre os sons medios do violín e os graves do violoncello. Imos escoitala.

"Perfect". Ed Sheeran. 
Viola: Jeremy Green



Xa estamos a piques de rematar. Hoxe escoitamos aos instrumentos de corda como instrumentos solistas; agora ímonos despedir cun dúo de violín e frauta moi especial: Nuria e Icía van tocar unha peza para todos nós. Icía foi alumna do cole ata o curso pasado e hoxe faime moita ilusión que estea compartindo este concerto con nós. Adiante ese dúo; Sabela será a encargada de pechar o concerto.


Ata aquí o concerto de hoxe. Espero que desfrutarades moito escoitando e vendo estes marabillosos instrumentos. Moitas grazas a todas/os os que, con tanta ilusión, participastes neste concerto e tamén aos que estades aí, na outra beira, participando semana a semana cas actividades de música. Aí van as vosas creacións. 

                     

Déixovos cunha obra para cada un dos instrumentos de hoxe. 

                       "Pisando flores". Ara Malikian

Ara Malikian. Este violinista e compositor naceu en Beirut (Líbano) no ano 1968. O seu pai ensinoulle a tocar o violín cando era un neno e axiña decatouse que Ara tiña moito talento. Durante moito tempo tivo que vivir agochado en refuxios aéreos, xa que o seu país estivo en guerra moitos anos. Deu o seu primeiro concerto con doce de idade e, grazas ao seu esforzo, concedéronlle unha beca para estudar cos mellores mestres de violín. Agora vive en España e da concertos por todo o mundo. 
Nesta peza, composta por el mesmo, poderedes ver aos instrumentos protagonistas do concerto de hoxe.




"Le Cygne". El carnaval de los animales. Camille Saint-Sëns





"El vuelo del moscardón". Nicolai Rimsky-Korsakov




🎻Obras plásticas. Os cadros e a escultura que presentaron aos instrumentos do concerto forman parte da exposición "Sonoro empeño". Convídovos a que pinchedes no enlace e desfrutedes en casa, ca vosa familia,  dun percorrido virtual onde poderedes ver a relación entre música e pintura. 
Se vos animades a pintar algo relacionado ca música... enviádemo e compartirémolo no blogue!!

🎻Ideas para esta semana. Para todos os cursos. Curioseade; hai moitas alternativas. 


🎻 Para os cursos 3º,4º,5º e 6º: repasade as cancións de frauta e mirade as clases que tedes sen facer ou pouco traballadas. 

🎻Para 1º e 2º: traballade os xogos e as actividades das clases que aínda non fixestes. Repasade as que xa están feitas.

🎻Para todos os cursos: practicade e  repasade as actividades que fomos facendo ao llongo destas semanas. Aínda hai algunhas que están sen facer. Podedes tamén entrar nas dos outros cursos. 

🎻 Seguide mirando o blog nestas últimas semanas e seguide mandando as vosas creacións. 

Agora si que marchamos. Ata a semana que ven!! Non faltedes!!

Unha  grande aperta e... moito ánimo, que xa queda menos!!! 






          BICOOOSSS!!!











2 comentarios:

  1. Hola Charo soy Alejandra como me puedo poner en contacto contigo

    ResponderEliminar
  2. Ola Alejandra: podes escribirme ao meu correo petiscosmusicais@gmail.com.

    ResponderEliminar

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...