domingo, 15 de novembro de 2020

Somos luthiers

 

Somos luthiers

Ola rapaces e rapazas:

Que significará esa palabra tan rara? 

Antes, luthier ou lutier era a persoa que construía  ou reparaba instrumentos de corda. Agora, chamamos lutier á persoa que constrúe ou repara calquera instrumento musical, sexa de corda, vento ou percusión.

Este curso ímonos convertir en lutiers construíndo, pouco a pouco, instrumentos das tres familias para crear a nosa propia orquestra. Apetécevos?? 
Pois veña, non hai tempo que perder.

Como este curso non podemos levar a frauta a clase, algúns de vós construistes frautas moi chulas de cartón, de papel, con envases de espuma ...
Hoxe déixovos aquí unha idea moi sinxela. Animádevos e traede a vosa frauta a clase para practicar a dixitación das cancións. Pedide axuda se o precisades e lembrade que as frautas teñen sete buratos diante e un detrás 😉


Agora que xa temos frauta, imos practicar un pouquiño.





 

Cambiamos agora ao ritmo con este exercicio tan divertido. Tedes que prestar moita atención. Se non tedes follas de cores podedes empregar follas brancas e facerlles debuxos en cor vermella, verde, azul e verde para distinguilas. Cando as teñades preparadas, teredes que traelas a clase e xogaremos a crear e imitar ritmos.


Mentres decorades as vosas follas, podedes escoitar esta música tan bonita que coñecimos a semana pasada na clase.

      Beethoven. Concerto nº 5."Emperador". II Movemento. Adagio



E agora xogamos a ser  ...               

                                OS DETECTIVES DA MÚSICA!!
   


Esta semana imos investigar estes misterios. Prestade atención e apuntade os vosos descubrimentos na libreta de música.

🔍En que país naceu Beethoven? Averigua a data do seu nacemento.

🔍Cantos anos antes ca ti naceu Beethoven?

🔍Averigua en que ano morreu. Cantos anos fai da súa morte?

🔍 Que enfermidade tivo Beethoven ? Coñeces algunha das súas 
     composicións?


Agora que xa descubristes estes misterios, déixovos aquí unha maneira moi 
orixinal de descubrir a vida de Beethoven.

A vida Ilustrada de Ludwig Van Beethoven


Ímonos despedir coa escena final da película "El discurso del Rey". Conta a historia do rey de Inglaterra que, con moito esforzo, intenta superar os problemas de tartamudez que ten desde neno. É unha película preciosa onde poderedes escoitar moita música de Beethoven e tamén algo de Mozart.

Beethoven. Sinfonía nº 7 en La mayor. Allegretto


Ata aquí a tarefa desta semana. Traballade moito que moi prontiño teredes que ir mandando algún vídeo tocando a frauta.

Ata a semanaaaaa !!!







   

1 comentario:

  1. Hola Charo. Soy Brais Gómez Lodeiro. Se me acabó la libreta y ahí tengo... ¡la portada!. ¿Tengo que hacer otra en la libreta nueva? 😥

    ResponderEliminar

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...