#xuntosconseguirémolo |
Ola a todas e todos!!
Benvidos/as a un novo Concerto Didáctico; e xa imos polo quinto.
Cambiamos de familia instrumental. Xa pasou por aquí a familia da percusión, a familia do vento, os instrumentos de música tradicional galega e hoxe comezamos ca familia da corda; estes instrumentos tamén poden chamarse cordófonos.
Hoxe imos afondar en dous instrumentos moi coñecidos da familia dos cordófonos: a guitarra e o piano.
Para falar deles e deleitarnos cas súas interpretacións, temos con nós a un grupo de nenas e nenos do cole. Tamén haberá algunha que outra sorpresiña. Imos recibilos cun grande aplauso.
Comezamos ca guitarra. Para falar deste fermoso instrumento, hoxe están con nós Amelia, Sabela e Ximena. Escoitádeas atentamente porque as tres prepararon con moitísima ilusión o que agora ides ver.

Imos ca primeira sorpresiña recibindo a Ariel. Ariel foi alumno do cole; agora xa está no instituto pero hoxe quixo acompañarnos e amosarnos as súas guitarras. Si, guitarras, en plural! Ariel, cando queiras.
Chega a segunda sorpresiña. Imos escoitar a Mario, que tamén foi alumno do cole. Mario vai interpretar unha fermosa sonatina de Dussek. Escoitade, escoitade ... e veredes que ben toca.
Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós esta peza tan fermosa, Mario. Estou moi contenta de que ti e Ariel poidérades participar neste concerto.
Ata aquí o concerto de hoxe. Quedade tranquilos/as que aínda non rematamos con esta familia. A vindeira semana os instrumentos de corda fretada serán os protagonistas.
Ximena, Sabela, Amelia, Alex, Natalia, Naiara, Mario e Ariel ... isto é para vós. Moitas grazas!!
Antes de marchar, imos escoitar unha obra de cada un dos instrumentos protagonistas de hoxe. A primeira, "Recuerdos de la Alhambra", de Francisco Tárrega. A intérprete é Ana Vidovic, unha guitarrista croata.
Francisco Tárrega (1852-1909) foi un compositor español e un exemplo de superación persoal. Cando era neno tivo un accidente que o deixou practicamente sen vista. Grazas ao seu esforzo e ao da súa familia, convertiuse nun dos mellores compositores e guitarristas de todos os tempos.
Para o piano costoume moito escoller, porque hai tantas obras e tan fermosas... Compositores como Chopin, Beethoven, Schumann, Schubert, entre outros, escribiron obras marabillosas para este instrumento.
Finalmente decidínme por estes dous estupendos pianistas que interpretan "Rhapsody Hungarian nº2" do compositor e pianista Franz Lizst. Os intérpretes son Yannie Tan, unha pianista de dezaseis anos, e outro intérprete, non tan virtuoso pero moi simpático, coñecido por todos vós. Espero que vos guste!!
Exposición de instrumentos
Seguide baixando nesta lapela e atoparedes a entrada "Viaxando polas cordas". Hoxe temos a mesma actividade para todos os cursos: viaxaremos no tempo a través destes instrumentos para comprender a súa orixe.
Espero que vos gusten!!
Os/as rapaces/zas de sexto que pertencedes ao grupo de flautas "Divertimento", pasade pola vosa lapela que hoxe deixei algo para vós.
Espero que vos gusten!!
Os/as rapaces/zas de sexto que pertencedes ao grupo de flautas "Divertimento", pasade pola vosa lapela que hoxe deixei algo para vós.
Que facedes aí??? Veña, baixade ... a petiscar!!!