luns, 13 de abril de 2020

Xogamos con Ritmo


#euquedonacasa

Ola chicos e chicas! Que tal de vacacións?
Espero que o pasarades moi ben na casiña, xogando e desfrutando ca vosa familia. Eu paseino moi ben, aínda que xa estaba desexando petiscar máis música con todos vós. Comezamos?
Hoxe imos repasar co noso amigo Vivaldi as figuras musicais que aprendimos no cole. Escoitade con moita atención porque todos @s músic@s están na súa casa, e vós teredes que axudar a Vivaldi a tocar  o seu concerto "A Primavera".





Antes de facer o concerto con Vivaldi, imos practicar un pouquiño, non vaia a ser que se enfade!!


O seguinte exercicio ten unha páxina branca, que funciona como pregunta musical e  outra páxina azul, que funciona como resposta musical. Para comezar, vós tedes que ler as dúas páxinas: primeiro a branca, facendo o ritmo cas palmadas,  e logo a azul, facendo o ritmo cos pés. Repetídeo ata que vos saia ben. Cando xa o teñades ben traballadiño, xogade con alguén da casa. Un/unha fai a pregunta e outro/a a resposta, sen perder o compás. Elixide vós o instrumento:  palmadas, pés, xeonllos ... Tamén podedes facelo co instrumento que fixestes a semana pasada.



Agora precisades moooita concentración. Cada páxina repítese dúas veces. Vós teredes que comezar a ler e palmear as figuras cando cambien de cor. Practicádeo varias veces.


Ei, rapazas, rapaces!!! O loro Manolo precisa da vosa axuda. Prestádelle atención:


Estaremos xa preparadas e preparados para tocar con Vivaldi o seu concerto "Primavera"? Eu penso que sí. Imos al ... Música maestr@!!!


                                                                                  

Bravo, bravo, bravíííísimoooo!!!!!

                                                           
Levamos xa moito tempo concentrados. Imos movernos un pouquiño. Este xogo consiste en bailar ou camiñar ao ritmo  mentres cantamos a canción; cando escoitedes o nome da figura musical, facede o que vos manda. Podédela repetir inventando vós as accións para cada figura musical.


Atención ... coordinación ... e cada vez máis rápido !!!  Ui que líooo!!! Podedes gravar este exercicio en vídeo. Se vos apecete, enviádemo ao meu correo.
Bim: palmada
Bam: chicar os dedos. 
Biri: palmadas nos xeonllos.
                                                                                 

Buff! este traballo foi esgotador. Que vos parece se nos relaxamos un pouquiño e aprendemos a debuxar figuras musicais divertidas?? Podedes practicar expresando diferentes sentimentos: alegría, tristura, anoxo, sorpresa ... Podedes colorealas de cores diferentes, podedes enchelas con materiais diversos como papeis de cores, lentellas, arroz ... podedes ... facer o que vos apeteza porque ides ser uns expertos e expertas en notas musicais divertidas.


Imos despedirnos cantanto e bailando esta canción "A carreira das figuras musicais". Espero que vos guste.


Ata a semana! Lembrádevos de  petiscar un pouquiño cando poidades. Repasade tamén o que fomos vendo nas semanas anteriores. 

Bicoosss!!!!

Ánimo chic@s!! Xa queda menos!!

                                          












Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...