DíA DO LIBRO
23 de abril
#euquedonacasa |
Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .
IMAXÍNATE ...
Ola rapaciñ@s! Hoxe imos dedicar a clase aos libros. E sabedes por que? Pois porque o xoves 23 celebrarase o Día do Libro. Quedan moi pouquiños días e nós comezaremos hoxe a celebración con actividades relacionadas cos libros e ca música.Comezaremos lendo e escoitando un conto. É moi gracioso. Animádesvos???
E agora imos CANTAR o CONTO
...pero Charo ...que teñen que ver os libros e a música?
Pois teñen moito que ver. Os libros e a música cóntannos historias marabillosas. Os libros a través das palabras e a música a través dos sons.
Que precisaremos para escribir un conto?
E que precisaremos para compoñer música?
Cando se xuntan as palabras e a música, nace unha canción.
"O polo Pepe". Para cantar e bailar.
Ademáis das letras e das notas musicais, que máis precisaremos para poder escribir un libro?
Receita para facer un libro
Para facer un libro precisaredes:
♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou debuxado por ti.
♪ Unha tesoira (para cortar o papel, non os dedos nen o pelo... 😉)
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.
Poderedes escribir un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...
"Querido diario"...
Aquí tedes outra opción, pero precisades a axuda dun adulto.
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives, de animais, de astronautas ...
Que vos parece se escribides unha historia para estes debuxos?
Poderedes inventar unha historia só con debuxos e así seredes ilustradores/as.
Un minilibriño para minicontos de grandes miniescritores/as.
Tamén precisaredes un marcapáxinas para marcar a páxina que estades a ler.
Para que vexades que a música tamén conta historias, ides escoitar esta composición musical. Escoitádea con atención e pensade que vos transmite: felicidade, tristeza, medo, tranquilidade, anoxo, excitación, intriga, perigo ...?
O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas. Esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik fixo a letra e Eduard a música, e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.
Agora imos ver as imaxes que ilustrarán o que nos conta a música.
Antes de marchar vou compartir con vós os traballos que fixo Román, de 1º A.
Grazas Román. Están moi chulos!
Decoración de notas musicais
INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
Neste fragmento, Peer Gynt intenta saír ás agochadas do castelo do rei da montaña, pero os troles decátanse e non o queren deixar marchar.
Eduard Grieg comeza a peza moi suave e baixiño para transmitir misterio; logo vai aumentando a velocidade e a intensidade do son para transmitir a sensación de perigo, medo, persecución...
A familia dos violíns e de percusión axudan a contar esta historia tan medoñenta.
Ímonos despedir con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar esta divertida historia. Aquí, non fan falta as palabras.
A tarefa desta semana é ler moitos contos porque:
"Un neno que le é un adulto que pensa"
"Un neno que le é un adulto que pensa"
Antes de marchar vou compartir con vós os traballos que fixo Román, de 1º A.
Grazas Román. Están moi chulos!
Decoración de notas musicais
INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
Ata a semana chic@s ! Animádevos a enviarme os vosos traballiños.
Pasádeo ben!!!
MUA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario