xoves, 23 de abril de 2020

A batería de Matías



#euquedonacasa

Ola de novo!

Despois de ver o vídeo de Matías, imos traballar a fondo cos instrumentos da familia da percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos "abrir boca" con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe



Cotidiáfonos


Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Aí van algunhas ideas. Animádevos a fabricar o voso propio "cotidiáfono". 

Se vos apetece, podedes compartir as fotos!




Percusión Corporal

Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo.

                                          
A percusión corporal refírese a todos os instrumentos do noso corpo dos que podemos obter sons: palmadas, xeonllos, pés, chasquido de dedos... As súas posibilidades son infinitas.
Imos practicar un pouquiño. Estade moi concentrad@s porque comeza amodiño pero despois ... ui,  que líoooo!!!

    
Sae? pois intentade con este; advírtovos que é para profesionais.

     
Seguimos a traballar co corpo: o segredo para que saia ben é a práctica e a concentración.
      

Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión pódense clasificar de varias maneiras segundo a forma de producir o son, o material do que estan feitos ...

        

Saberemos distinguir cal soa? Primeiro escoitade, despois adiviñade ...

                                                

Imos a aplicar o que vimos nos vídeos anteriores: percusión e reciclaxe.
O seguinte exercicio podemos facelo con palmadas ou con algún obxecto que teñades na casa e que vos permita facer o efecto das baquetas: os tubos de cartón do papel albal poderían servir. Pensade ... que podedes empregar?
O importante é  traballar o ritmo e as percusións. Canto máis practiquedes, mellor sairá.


         
Déixovos aquí unha proposta moi moi sinxela para facer un tambor. Pode darvos ideas para construír  un e practicar o exercicio que ven a continuación. Tamén poderedes empregar obxectos de casa que fagan esa función:cubos do lixo, papeleiras ...  Imaxinacion ao poder!!

                                                

                                                




E como serán as partituras para os instrumentos de percusión? Serán igual que para unha frauta, un violín ou un piano? Precisaremos notas ou figuras musicais?




Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, además, coa melodía. 
Como xa sabemos, a música xurde cando combinamos ritmo, melodía e armonía. Hoxe imos centrarnos no ritmo.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicaisTod@s sabemos cales son (ata a semicorchea):



A proporción dos valores entre estas figuras musicais é a seguinte:

Para representar ás figuras non precisamos pentagrama, xa que o ritmo expresa a duración do son, non a súa altura. Ás veces, os ritmos aparecen escritos no pentagrama, pero sempre na mesma liña ou no mesmo espazo; iso significa que son figuras e non notas musicais.
Con estas figuras musicais xa poderíamos ler moitas partituras para instrumentos de percusión. Déixovos aquí uns exercicios de lectura rítmica. Son 10 niveis, os primeiros faciliños pero a partir do 4/5 xa se complican. Ide practicándoos todas as semanas, a ver se cando remate o curso conseguimos chegar ao nivel 10.

                                          

Déixovos uns enlaces de lectura rítmica de distintos niveis. Atopade o voso nivel e ... a seguir avanzando!!! Practicade todas as semanas.

Exercicios ritmo

Agora un ditado rítmico. Escoitade e apuntade o ritmo que soa; as solucións déixoas ao final desta clase. Non fagades trampa!!! 😉



Despois de todo este traballo xa estamos preparados para dar un concerto de percusión corporal. Fixádevos ben nos debuxos porque temos catro instrumentos: xeonllos, peito, chasquidos e palmas; polo medio, os silencios que son moi importantes.
                                          
O traballo desta semana foi intenso e xa toca despedirnos, pero antes:

♫ Unhas propostas para descubrir a percusión. Se che gustan, investiga e comparte con todos nós o que descubras. 

Odaiko
Tarambé percusión
Pacupra
Mayumana

♫ Solucións do ditado musical:1/ A-B-C-D. 2/ D-B-A-C .3/ C-B-A-D. 4/C-D-B-A

♫ Aprendemos a debuxar unha batería.
Debuxamos unha batería


Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. 


Veña Matías, dalle a batería!!!






                                             Bicooooossss!!!!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...