DíA DO LIBRO
23 de abril
#euquedonacasa |
Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .
IMAXÍNATE ...
Ola amigas e amigos de segundo! Hoxe imos dedicar a clase aos libros. Por que? Pois porque o xoves 23 celebrarase o Día do Libro e nós, desde aquí, desfrutaremos de actividades relacionadas cos libros e ca música.
Comezaremos lendo e escoitando un conto.
Preparade a memoria!!!!
E agora imos cantar o conto
...pero Charo ...que teñen que ver os libros e a música?
Pois teñen moito que ver. Os libros e a música cóntannos historias marabillosas. Os libros a través das palabras e a música a través dos sons.
Que precisaremos para escribir un conto?
E que precisaremos para compoñer música?
Cando se xuntan as palabras e a música, nace unha canción.
"Heiche contar un conto". Para cantar e bailar.
Ademáis das letras e das notas musicais, que más precisaremos para poder escribir un libro?
Receita para facer un libro
Para facer un libro precisaredes:
♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou debuxado por ti.
♪ Unha tesoira (para cortar o papel, non os dedos nen o pelo...)
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar SEMPRE o libro en bo estado.
Poderedes escribir un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...
Poderedes escribir un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...
"Querido diario"...
Aquí tedes outra opción, pero precisades a axuda dun adulto.
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives,de animais, de astronautas ...
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives,de animais, de astronautas ...
Poderedes inventar e ilustrar a vosa propia historia e convertirvos en ilustradores/as.
Un minilibriño para minicontos de miniescritores/as.
Agora que xa tedes libro, que vos parece se inventades unha historia para estes debuxos? Fixádevos nos detalles.
Tamén precisaredes un marcapáxinas para marcar a páxina ondes estás a ler.
Para que vexades que a música tamén conta historias, ides escoitar esta composición musical. Escoitádea con atención e pensade que vos transmite: felicidade, tristeza, medo, tranquilidade, anoxo, excitación, intriga, perigo ...?
O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas; esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik escribiu a letra e Eduard a música e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.
Agora ides ver as imaxes que ilustran o que nos conta a música.
Neste fragmento, Peer Gynt intenta saír ás agochadas do castelo do rei da montaña, pero os troles decátanse e non o queren deixar marchar.
Eduard Grieg comeza a peza moi suave e baixiño para transmitir misterio; logo vai aumentando a velocidade e a intensidade do son para transmitir a sensación de perigo, medo, persecución...
Os instrumentos de vento metal e de percusión axudan a contar esta historia tan medoñenta.
Ímonos despedir con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar esta divertida historia. Aquí non fan falta as palabras.
A tarefa desta semana é ler moitos contos porque
"Un neno que le é un adulto que pensa"
"Un neno que le é un adulto que pensa"
Ata a semana! Pasádeo ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario