#euquedonacasa |
Xa estamos de volta. Espero que o pasarades moi ben ca vosa familia e que veñades con ganas de petiscar máis música. Preparádevos!!
As nosas amigas Ritmo e Melodía convidáronnos a unha festa, pero hai que ir de etiqueta. Non tedes? Non importa; elas deixáronnos uns vídeos para facer algún complemento de festa. Veña, mans á obra!
Agora que xa estades ben elegantes, imos á festa!!! A cantaaaaar!!
Nesta festa, Ritmo convidou ás figuras musicais e Melodía ás notas musicais.
Hoxe imos traballar cas figuras. Algunhas delas xa as coñecimos no cole mais... imos repasalas!!!
Agora, un poquiño a lectura rítimica con este exercicio. Escoitade: cada páxina ten un ritmo diferente que se repite. A primeira vez tedes que facelo con palmadas e na repetición cun instrumento diferente do voso corpo (pés, xeonllos...). Tedes que comezar a ler as figuras cando cambien de cor. Cando remata unha páxina hai que esperar catro silencios de negra; non aparecen pero están aí... concentrádevos moito e seguro que os escoitades.

Moi ben!!! Agora podedes repetilo cunha persoa da casa. Un/unha fai o ritmo e outro/a , repíteo.
Imos repasar un dos exercicios que fixemos a semana pasada. Concentrádevos, que é máis difícil.
Sabedes como chegaron as figuras musicais? Unhas viaxaron no tren do 2.
Outras chegaron no barco do 3.
E xa as últimas, colleron o avión do 4.
Neste avión viaxaba por equivocación ... un dromedario? ou é un camelo? ti que pensas? Sabes en que se diferencian? Pensa...pensa... investiga a diferencia entre eles!!!
Menos mal que o axudáchedes a volver a súa casa. O noso amigo vive nos desertos de África e mirade que canción máis bonita nos quere ensinar.
Nesta canción un neno dille á súa nai que o galo está cantando e que comeza o día. "Kokoleoco" é unha canción tradicional de Ghana, un país do oeste de África. Poderíades investigar a distancia entre Ghana e a nosa cidade?
Esta canción, como toda a música africana, é moi alegre e cun ritmo moi marcado, por eso a maior parte dos instrumentos da música africana pertencen á familia da percusión. Imos cantala e practicala cas nosas palmadas.
Bueno chic@s, ata aquí la clase de hoxe. Espero que aprenderades moito e, sobre todo, que o pasárades moi ben. Non vos esquezades de repasar un pouquiño, durante a semana, o que imos facendo, vale?
Un bico grande a tod@s e ... quedade na casiña. Moito ánimo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario