martes, 14 de abril de 2020

Viaxando por África




#euquedonacasa


Ola rapazas e rapaces! Como estades?

Espero que todo vaia ben e que desfrutarades do tempo libre nas vacacións. Agora toca volver á rutina e coller este último trimestre con forza. Comezamos!

Hoxe faremos un traballo rítmico cas figuras musicais que xa coñecemos Comeza moi faciliño pero non vos relaxedes porque se vai complicando. Empregade as palmadas e as sílabas rítmicas para cada figura.




Neste exercicio traballaremos a síncopa. Lembrades o que é? Hai síncopa cando se cambia o acento natural do compás, por iso costa tanto facela. Aquí imos traballar a máis básica: corchea-negra-corchea. Repetídeo ata que saia sen esforzo. Precisámolo para a canción que imos aprender hoxe.


Agora imos traballar varias fórmulas rítmicas: negra con puntiño con corchea e o silencio de corchea de anticipación. Lembrade que cando vai antes da nota (de anticipación) é máis difícil controlar a súa medida. O truco? aspirar un pouquiño para esperar o tempo que ocupa antes de entrar na seguinte figura.


Intentade traballar estes ritmos varias veces na semana. A soltura rítmica facilitará moito a aprendizaxe das cancións.

Imos facer algo de dixitación ca frauta. Estes exercicios que vos propoño funcionan igual que cando estamos no cole: eu canto e vós repetides ca frauta. Veredes hai unha primeira parte (Listen) na que escoitades e podedes cantar as notas; a segunda parte (Play), xa tocades. É importante cantar as notas así faredes triple traballo: lectura rítmica, lectura melódica e interpretación instrumental.

Exercicio 1
Canción "Peace like a river"


Canción "Down in the Valley"



Apetecevos unha viaxe en avioneta? Seguro que sí, xa estamos desexando saír  verdade? Bueno, pois preparádevos que imos de viaxe. A donde? A África.



Seguro que esta música música tan bonita resúltavos familiar. Titúlase "Out of Africa". É o tema principal da película "Memorias de África", gañadora de sete Oscars no ano 1985, un deles para a banda sonora, composta por John Barry; tamén inclúe unha peza de Mozart, como o concerto para clarinete en La Mayor. Se vos paetece viaxar por África con Mozart, pinchade neste enlace.


Agora que estamos en África, imos aprender algunha canción dese fermoso continente. Hoxe aprenderemos "Kokoleoco" unha canción tradicional de Ghana, un país que está no oeste do continente africano. Podedes investigar algo sobre os seus costumes, as súas xentes, tradicións, climatoloxía ...


En "Kokoleoco" un neno dille a súa nai que xa comezou o día, que o galo está a cantar e que é hora de erguerse.




Como vedes, a letra é moi sinxela. Que vos parece se vos encargades de buscar o seu significado?

Traballo rítmico. Cantamos e percutimos con palmadas. Fixádevos na estrutura da canción.
Traballo melódico e instrumental. É moi faciliña. Non hai nada que non saibades facer. Fixádevos nos compases 4 e 8; neles aparece o grupo rítmico co que estivemos traballando hoxe: a síncopa. 

Aquí está o acompañamento instrumental. Xa sabedes que estes audios podedes descargalos e gardalos directamente no ordenador ou nun pen.                       

                                          

E xa por último, déixovos un enlace para que poidades descargar a partitura e pegala na libreta de música (se tedes a posibilidade).

 KOKOLEOCO

Rapaciñ@s, hoxe traballastes moito. Xa sei que son bastantes actividades pero non as tedes que facer todas nun día. Tedes toda a semana e non vos esquezades de traballar as outras cancións; xa sabedes que leva moito traballo aprendelas mais, se non se repasan, esquécense axiña.

Despedímonos cun xogo de coordinación. Tedes que buscar parella. Se sodes catro, facedes dúas parellas e, no medio, cambiades. Así é máis divertido. Espero que vos guste. Quedades convidados a gravar a actividade e enviarme o vídeo.





Ata a semana! Vémonos en África de novo. Pasádeo ben!

Bicos e moito ánimo, que xa queda menos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...