#euquedonacasa |
Ola de novo!
Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentosda Familia da Percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.
Percusión e Reciclaxe
Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se vos apetece, podedes compartir as fotos!
Eu propóñovos facer este tambor, que está feito cunha lata; veredes que é moi sinxelo e que apenas precisa material. Podedes decoralo como queirades ou facer calquera outro instrumento que se vos ocurra. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!
Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Nas clases anteriores xa estivemos traballando co corpo e co ritmo; seguimos a practicar con estes xogos e tamén podedes practicar cos vosos "cotidianófonos".
Veña... a que esperades? Preparade o voso corpo e a vosa concentración!!!

Uff! que cans@s estamos!! Mentres descasamos, imos ver como traballan co corpo unhas rapazas que practican moito moito.
Familia dos Instrumentos de Percusión
Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!
Adiviña quen soa ...
Máis difícil todavía!!
Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais.
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais, que xa coñecemos. Nas clases anteriores Vivaldi falounos delas. Déixovos de novo os enlaces.
Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea
Fixádevos ben neste cadro sobre as figuras musicais e os seus silencios.
Que vos parece se cantamos e bailamos cas figuras musicais?
Tamén podemos interpretalas co noso corpo ou cos nosos instrumentos.

Chegou a hora de despedirnos, pero antes imos aprender a debuxar a batería de Matías.
Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. Veña Matías, dalle a batería !!!
Ata a semana, rapazada!!!! Traballade moito e pasádeo moi ben!!!
Bicooossssssss!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario