luns, 27 de abril de 2020

ReciclaARTE !!


#euquedonacasa



Ola de novo!


Aproveitando a estupenda clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.


A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe


Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!
Se vos apetece, podedes compartir as fotos! Aí van algunhas ideas:



Percusión Corporal

Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Estas rapazas practican moito:



Probamos nós? Fixádevos ben nos instrumentos que tedes que empregar. 


Este xa é para profesionais. Concentrádevos moito que isto é un líooo!!!


Probamos só cas mans? Podedes gravarvos en vídeo; así iredes vendo como mellorades.



Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!


Quen soa?


Acertarás agora?





Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais. 

Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.

Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea

Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.

♫ Figuras e silencios musicais



♫ Proporción dos valores entre a figuras musicais

                                         
                         Rapeamos un pouquiño cas figuras musicais?


                                                  


Coidadiño con estes dinosaurios! Primeiro lede este exercicio con palmas e as sílabas rítmicas (ta, ti-ti, shh!). Despois con outros instrumentos do corpo ou cos que cotidiáfonos.



Imos depedirnos, pero antes:


♫ Aprendemos a debuxar a batería de Matías.





   Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. Veña Matías, dalle a batería!!!





Ata a semana. Traballade moito e...




... non vos esquezades de petiscar na frauta, ehhh???




BICOOOSSSSS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...