#euquedonacasa |
Ola de novo!
Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.
Percusión e Reciclaxe
Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se vos apetece, podedes compartir as fotos!
Eu propóñovos facer un tambor e unhas maracas. Veredes que son moi faciliños e que apenas precisan material. Podedes decoralos como queirades. Tamén poderedes facer outros instrumentos que se vos ocurran. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!
Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Mirade, mirade!!
Chamamos percusión corporal a calquera instrumento do noso corpo que produza son. Por exemplo estes:
A practicar... estade moi atent@s que ao principio comeza amodiño pero logo...
Fixádevos ben nos instrumentos do voso corpo que tedes que empregar.
Familia dos Instrumentos de Percusión
Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!
Quen soa?
Acertarás agora?
Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais.
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.
Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea
Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.
♫ Proporción dos valores entre a figuras musicais
Imos comprender este cadro
Que vos parece se cantamos e interpretamos as figuras musicais?
Preparados para dar un concerto? Podedes empregar o voso corpo ou os "cotidiáfonos"
Imos depedirnos, pero antes:
♫ Aprendemos a debuxar a batería de Matías.
♫ Aprendemos a debuxar a batería de Matías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario