DÍA DO LIBRO
23 de abril
#euquedonacasa |
Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .
IMAXÍNATE ...
Ola a tod@s! Como vedes, esta semana imos dedicar a clase ao Día do Libro. Imos intentar descubrir a relación que existe entre a linguaxe escrita, a linguaxe visual e linguaxe da música. Tamén imos aprender a "fabricar" un libro para poder escribir as nosas propias historias.
E que terán que ver os libros cas imaxes e ca música?
Pois sí chic@s, teñen moito que ver porque estas tres linguaxes contan historias e expresan ideas a través das palabras, das imaxes e dos sons. E moitas desas historias durmen nos libros.
Que precisaremos para crear contos? Letras... que forman palabras ... que forman oracións ... que forman historias ...
Que precisaremos para crear imaxes?
Pinto o mundo de cores
Pinto de azul os ollos, o mar e o ceo.
Pinto de verde o repolo, a oliva e o loureiro.
Pinto de vermello o sangue, o caracol e o sarampelo.
Pinto de branco a noiva a neve e o talco.
Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo.
Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo.
Pinto de negro a noite, o carbón e o cabelo.
Carlos Fontes
Que precisaremos para crear música? Sons... que forman células musicais...
que forman ideas... que forman frases ...
que forman historias musicais...
Palabras e música contan e cantan como nace un cadro.
Para que vexades que a música é capaz de contar historias, ides escoitar esta composición musical. Escoitádea con atención e pensade que vos transmite: felicidade, tristeza, medo, tranquilidade, anoxo, excitación, intriga, perigo ...?
O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas. Esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik fixo a letra e Eduard a música, e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.
Agora imos ver as imaxes que ilustrarán o que nos conta a música.
Todas estas historias e moitas máis viven nos libros, por iso é tan importante ler cos ollos e as orellas ben abertas.
Atrévedesvos a escribir o voso propio conto? Claro! Por que non? O primeiro que precisades é o voso propio caderno de escritura.
Receita para facer un libro
Para facer un libro precisaredes:
♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou decorado por ti.
♪ Unha tesoira.
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que vos saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.
Querido diario ...
Agora que xa sabedes facer un libro, poderedes escribir o que queirades, por exemplo un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives, de animais, de astronautas ...
Poderedes convertir as palabras en debuxos ... si,si, en debuxos!! A partir deles poderedes crear unha historia para escribir nos vosos cadernos de escritura.
Precisaredes un marcapáxinas e xa teredes o "kit" completo.
Imos despedirnos con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar esta historia. Como veredes, non fan falta as palabras.
A tarefa desta semana é ler moitos contos porque
"Un neno que le é un adulto que pensa"
Ata a semana! Pasádeo ben!!!
MUA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario