#euquedonacasa |
Ola chic@s! Que tal estades?
Espero que desfrutarades do tempo libre das vacacións. Agora toca comezar de novo así que...imos alá!!
Viaxaremos lonxe ata chegar a Ghana, un país que está no oeste do continente africano. A música africana é moi alegre e rítmica, empregan moito a danza e, por iso, os instrumentos de percusión teñen tanto protagonismo. Sabedes onde está Ghana? Mirade neste mapa. Podedes investigar cantos kilómetros hai entre Ghana e a nosa cidade, que países o rodean, os seus costumes ...
Hoxe imos comezar construíndo algúns instrumentos de percusión con material de refugallo que teñades por casa. Déixovos aquí algunhas ideas, aínda que podedes facer os que vos apetezan. Se non tedes os materiais, botádelle imaxinación e empregade outros ou construíde a vosa propia creación. Se queredes, podedes enviarme fotos dos vosos instrumentos. Ahh!! Ollo, se precisades tesoiras grandes ou cuter... chamade a un adulto.
Agora que xa temos os nosos instrumentos, imos aprender unha canción tradicional de Ghana chamada "Kokoleoco". Nesta canción un neno dille a súa nai que o galo está cantando e que xa é hora de erguerse. Comeza o día!
Agora que xa temos os nosos instrumentos, imos aprender unha canción tradicional de Ghana chamada "Kokoleoco". Nesta canción un neno dille a súa nai que o galo está cantando e que xa é hora de erguerse. Comeza o día!
É unha canción moi sinxela pero moi bonita. Imos traballala rítmicamente. Percutide os ritmos que veñen a continuación, primeiro con palmadas e logo cos instrumentos construídos por vós. Logo, cantade e tocade.
Que tal se o intentamos facer con alguén da casa? Observade o vídeo, practicádeo amodo mentes cantades e depois a ritmo.
Agora imos aprender a tocala na frauta. É moi faciliña: ides traballar co rexistro melódico de sol3 a do4, que xa coñecedes; en canto ao ritmo: blancas, negras e corcheas. Chupao! O grupo rítmico do último compás é un pouco distinto ao que facemos habitualmente, pero despois de escoitala, cantala e traballala cas palmas, non ides ter problema.
Déixovos aquí o acompañamento instrumental.
Agora que xa cantamos, bailamos e tocamos, vouvos deixar un vídeo onde poderedes coñecer algúns dos instrumentos africanos.
Nesta nana africana tan bonita poderedes escoitar algún deles. Fixádevos ben nas cores que aparecen na paisaxe.
Apetécevos dar unha volta nunha avioneta por África? Mentres voamos imos escoitar "Out of Africa", o tema principal da banda sonora da película "Memorias de África", gañadora de sete Oscars no ano 1985. Un deles foi para a súa marabillosa banda sonora, composta por John Barry. Escoitádea:
Inspirad@s nesa mesma música e nas imaxes deste fermoso continente, poderedes crear a vosa propia obra plástica. Empregade o que máis vos guste: ceras, rotuladores, acuarelas, materias diversos a modo de collage... creade a vosa África. Seguro que quedará estupenda! Se queredes, podedes mandarme fotos ao meu correo.
Espero que vos gustara esta fermosa viaxe. Seguimos a semana que ven. Non vos esquezades de petiscar nas cancións que temos aprendidas!!!!
Un gran achuchón para tod@s e moito ánimo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario