#euquedonacasa |
Como o prometido é débeda, aquí estou de novo para traervos a partitura que estabades esperando: Mamma Mía.
Mamma Mía foi un dos grandes éxitos do grupo sueco ABBA, que triunfou nos anos 70. Como curiosidade, contareivos que o nome ABBA é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro do grupo: Agneta, Björn, Benny e Anni.
Mamma Mía é unha canción moi pegadiza e con moitas repeticións, o que vos facilitará a súa aprendizaxe.
Este é o video oficial da canción, estreada no ano 1975.
Aquí tedes a partitura. Podédela tocar por aquí ou imprimila, como queirades. No caso de que a imprimades, pegádea na libreta de música.
O vídeo para que poidades practicar. Xa sabedes que é mellor que miredes pola partitura.
E xa, finalmente, o audio play-back para practicar só co acompañamento. Este audio ten a vantaxe de que só ides escoitar a vosa frauta e poderedes decatartvos mellor dos erros. Xa sabedes o que hai que facer para correxilos, non?: "Sacamos" a pasaxe musical que nos costa, practicámola e, cando teñamos solucionado o problema (sexa rítmico, melódico ou de dixitación) "metémola" na canción. Lembrádevos que non compensa apurar antes de ter ben a partitura; ao final sempre hai que dar un paso atrás e os erros reforzados non son doados de corrixir.
Pois agora, despois de estar tan concentrad@s, imos bailar un pouco. Veña, anima a túa familia para que che acompañen. Gravádevos en vídeo e así botades unhas risas. Pasádeo ben!!
Un gran achuchón!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario