domingo, 19 de abril de 2020

Heiche cantar un conto

         
 DíA DO LIBRO

  23 de abril

#euquedonacasa

Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .

IMAXÍNATE ...



                                           


Ola chic@s! Hoxe imos dedicar a clase aos libros. E sabedes por que? Pois porque o xoves 23 celebrarase o Día do Libro. Quedan moi pouquiños días e nós comezaremos hoxe con actividades relacionadas cos libros e ca música.

Comezaremos lendo e escoitando un conto.  

Animádesvos???


E agora imos CANTAR o CONTO







...pero Charo ...que teñen que ver os libros ca música?







                          
Pois teñen moito que ver. Os libros e a música cóntannos historias. Os libros a través das palabras e a música a través dos sons.                                                







Que precisaremos para escribir un conto? 

                               


E que precisaremos para compoñer música?


Cando se xuntan as palabras e a música, nace unha canción. 

"Heiche de contar un conto". Para cantar e bailar.


Ademáis das letras e das notas musicais, que máis precisaremos para poder escribir un libro?


Receita para facer un libro

Para facer un libro precisaredes:

♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou debuxado por ti.
♪ Unha tesoira (para cortar o  papel, non os dedos nen o pelo... 😉)
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.



 Agora que xa sabedes facer un libro, poderedes escribir un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...

                                           "Querido diario"...


                  Aquí tedes outra opción, pero precisades a axuda dun adulto.
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives, de animais, de astronautas ... 


Poderedes inventar e ilustrar a vosa propia historia e convertirvos en ilustradores/as.

Un mini libriño para minicontos de grandes  miniescritores/as.


Xa tedes o voso libro. Que vos parece se escribides  unha historia para estes debuxos? Fixádevos nos detalles para que a historia sexa máis divertida!!!



Precisaredes un marcapáxinas para non esquecer a páxina que estades a ler.



Que ricos!!!

Para que vexades que a música tamén conta historias, ides escoitar esta composición musical. Escoitádea con atención e pensade  que vos transmite: felicidade, tristeza, medo, tranquilidade, anoxo, excitación, intriga, perigo ...?


O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a  "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas. Esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik fixo a letra e Eduard a música, e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.

Agora imos ver as imaxes que ilustrarán o que nos conta a música.


Neste fragmento, Peer Gynt intenta saír ás agochadas do castelo do rei da montaña, pero os troles decátanse e non o queren deixar marchar. 

Eduard Grieg comeza a peza moi suave e baixiño para transmitir misterio; logo vai aumentando a velocidade e a intensidade do son para transmitir a sensación de perigo, medo, persecución..
Os instrumentos de corda frotada e de percusión axudan a contar esta historia tan medoñenta.


Ímonos despedir con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar esta divertida historia. Aquí, non fan falta as palabras.



A tarefa desta semana é ler moitos contos porque

"Un neno que le é un adulto que pensa"



                                              

                           

                                  Ata a semana! Pasádeo ben!!!                                

    
MUA!!



E non vos esquezades de petiscar na frauta!!

 A semana que ven teremos canción nova 😊😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...