luns, 20 de abril de 2020

Imaxínate !!!



                                                               

 DÍA DO LIBRO. 23 de abril
                                                                 
#euquedonacasa



Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .

IMAXÍNATE ...




Ola nen@s! Hoxe imos dedicar a clase aos libros. E sabedes por que? Pois porque o xoves 23 celebrarase o Día do Libro. Quedan moi pouquiños días e nós comezaremos hoxe con actividades relacionadas cos libros e ca música.

Comezaremos escoitando este conto.

 Animádesvos???
                                 
                                   
E agora imos CANTAR o CONTO








...pero Charo ...que teñen que ver os libros e a música?







                          
Pois teñen moito que ver. Os libros e a música cóntannos historias. Os libros a través das palabras e a música a través dos sons.                                                








Que precisamos para escribir un conto?



E que precisaremos para compoñer música?




Cando se xuntan as palabras e a música, nace unha canción

"Peixiños do mar"




Ademáis das letras e das notas musicais, que máis precisaremos para poder escribir un libro?


Receita para facer un libro

Para facer un libro precisaredes:

♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou debuxado por ti.
♪ Unha tesoira.
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.



Agora que xa sabedes facer un libro, poderedes escribir un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...

                                           "Querido diario"...


Aquí tedes outra opción, pero precisades a  axuda dun adulto.Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives, de animais, de astronautas ... 



Podedes ilustrar a vosa propia historia e convertirvos en ilustradores/as.
                    Un minilibro para un miniconto de grandes miniescritores/as.


Xa tedes libro. Chegou o momento de escribir. Que vos parece se escribides o voso propio conto a partir destas imaxes? Trátase de expresar con palabras o que nos contan as imaxes. Os detalles axudaránvos a enriqueces a historia (é verán ou inverno, chove ou fai sol, os nenos están contentos ou aburridos, a uaga está calmada ...). Agora ti es o/a escritor/a.




          Precisaredes un marcapáxinas e xa teredes o "kit" completo.





                             
    

Para que vexades que a música tamén conta historias, ides escoitar esta composición musical. Escoitádea con atención e pensade  que vos transmite: felicidade, tristeza, medo, tranquilidade, anoxo, excitación, intriga, perigo ...?



O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a  "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas. Esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik fixo a letra e Eduard a música, e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.
Agora imos ver as imaxes que ilustran o que nos conta a música.


Neste fragmento, Peer Gynt intenta saír ás agochadas do castelo do rei da montaña, pero os troles decátanse e non deixan marchar. 

Eduard Grieg comeza a peza moi suave e baixiño para transmitir misterio; logo vai aumentando a velocidade e a intensidade do son para transmitir a sensación de perigo, medo, persecución... 
Os instrumentos de corda frotada e de percusión axudan a contar esta historia tan medoñenta.

Ímonos despedir con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar este conto. Non fan falta as palabras.




A tarefa desta semana é ler moitos contos porque

"Un neno que le é un adulto que pensa"


                                Ata a semana! Pasádeo ben!!!                                

MUA!!!
    


Non vos esquezades de petiscar na frauta !!!
 A semana que ven teremos unha canción nova 😊 😊😉


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...