DÍA DO LIBRO
23 de abril
#euquedonacasa |
Cando esteas aburrid@
e non saibas que facer,
abre un libro meu amig@
todo pode suceder .
IMAXÍNATE ...
Ola a tod@s!
Como vedes, esta semana imos dedicar a clase ao Día do Libro. Imos intentar descubrir a relación que existe entre a linguaxe escrita, a linguaxe visual e linguaxe da música. Tamén imos aprender a "fabricar" un libro para poder escribir as nosas propias historias.
E que terán que ver os libros cas imaxes e ca música?
Pois sí chic@s, teñen moito que ver porque estas tres linguaxes contan historias e expresan ideas a través das palabras, das imaxes e dos sons. E moitas desas historias durmen nos libros.
Que precisaremos para crear contos? Letras... que forman palabras ... que forman oracións ... que forman historias ...
Que precisaremos para crear imaxes?
Pinto o mundo de cores
Pinto de azul os ollos, o mar e o ceo.
Pinto de verde o repolo, a oliva e o loureiro.
Pinto de vermello o sangue, o caracol e o sarampelo.
Pinto de branco a noiva a neve e o talco.
Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo.
Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo.
Pinto de negro a noite, o carbón e o cabelo.
Carlos Fontes
Que precisaremos para crear música? Sons... que forman células musicais...
que forman ideas... que forman frases ...
que forman historias musicais...
As palabras e a música cóntannos e cántanos como nace un cadro.
As palabras, a música e as ilustracións poden transmitirnos ideas e sentimentos.
O que acabades de escoitar titúlase "En la gruta del rey de la montaña". Pertence a "Peer Gynt", unha obra musical composta polo músico noruego Eduard Grieg. Peer Gynt é un mozo que percorre o mundo protagonizando aventuras fantásticas. Esta historia escribíuna un amigo de Eduard Grieg, tamén de Noruega, chamado Henrik Ibsen. Henrik fixo a letra e Eduard a música, e entre os dous crearon esta historia musical tan famosa.
Agora imos ver as imaxes que ilustran o que nos conta a música.
Todas estas historias e moitas máis viven nos libros, por iso é tan importante ler cos ollos e as orellas ben abertas.
Atrévedesvos a escribir o voso propio conto? Claro! por que non? O primeiro que precisades é o voso propio caderno de escritura.
Para facer un libro precisaredes:
♪ Varias follas de papel, dependendo se a historia vai ser longa ou curta.
♪ Unha cartolina ou un papel de calquera cor. Se non tedes ningunha destas dúas cousas, un folio branco coloreado ou decorado por ti.
♪ Unha tesoira.
♪ Pegamento.
♪ Un lápis e unha goma para escribir.
♪ Ceras ou cores para debuxar e colorear as ilustracións.
♪ Medio quilo de paciencia.
♪ Un quilo de imaxinación.
♪ Moita gana de que vos saia ben.
♪ Unha morea de ilusión (esto fai falta para todo)
♪ Unha pinguiña de axuda, se a precisas.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.
♪ Mimos e aloumiños para conservar o libro SEMPRE en bo estado.
Querido diario ...
Agora que xa sabedes facer un libro, poderedes escribir o que queirades, por exemplo un diario, que é como un amigo ao que lle podemos contar todo o que nos pasa, o que sentimos, o que pensamos...
Poderedes escribir o voso propio conto: de aventuras, de paiasos, de detectives, de animais, de astronautas ...
Poderedes convertir as palabras en debuxos ... si,si, en debuxos!! A partir deles poderedes crear unha historia para escribir nos vosos cadernos de escritura. Se queredes, podedes enviarme fotos dos vosas historietas para compartir no blog.
Se vos fixades, nestes debuxos hai tres personaxes do conto "O Rei León". Que vos parece se aprendemos a tocar na frauta a canción "The lion sleeps tonight"? Poderedes escribir unha pequena historia, ilustrala e logo tocala.
Fixádevos que ten moitas síncopas. Antes de estudiala practicade ben os exercicios rítmicos da semana pasada.
Ímonos despedir con este disparatado concerto. A música e as ilustracións son as encargadas de contar esta historia. Como veredes, non fan falta as palabras.
A tarefa desta semana é ler moitos contos porque
"Un neno que le é un adulto que pensa"
Ata a semana! Pasádeo ben!!!
MUA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario