luns, 13 de abril de 2020

As figuras musicais



#euquedonacasa


Ola nen@s! que tal?


Espero que todos esteades moi ben e que desfrutarades do tempo libre nas vacacións. Agora toca volver á rutina. Veña, comezamos!!

Imos comezar construindo algún instrumento de percusión con material de refugallo. Déixovos aquí algunhas ideas moi sinxelas, aínda que tamén poderíades botarlle imaxinación e inventar os vosos propios instrumentos de percusión. Ollo! se precisades tesoiras ou aparellos para cortar, chamade a un adulto.  Aí van:


         
                     
                                                
Imos facer un repaso das figuras musicais que fomos aprendendo. 


Prestade moita atención nos seguintes exercicios rítmicos. Comezamos cun nivel moi faciliño: blancas, negras, silencio de negra e corcheas. Iremos aumentando a dificultade, pouco a pouco, en cada clase. Preparad@s? Facédeo con palmadas e despois, cos vosos instrumentos. 







Agora imos dar un concerto. Imos acompañar rítmicamente un tema de Carlos Núñez, titulado "Moita festa". Veredes que cada parte ten que acompañarse cuns instrumentos diferentes: claves, pandeireta, axóuxere e chinchíns. Imos facelo de dúas maneiras. A primeira vez cos instrumentos do corpo; a segunda, cos instrumentos de refugallo que fixestes ao principio da clase. 


 Primeira vez                                          Segunda vez

Claves: palmadas                                    Claves: tambor
Pandeiretas: saltos                                  Pandeiretas e axóuxere: tapitas 
Axóuxere:xeonllos                                   Chichíns: maracas
Chinchíns: chasquido dedos


Preparad@s? Que comece o concerto!!           

                                   

Bravo, bravo, bravísimooo!!!

                                      
                              
Agora toca movemento. Tedes que estar moi concentrad@s: palmadas, chasquidos, xeonllos, voz... e cada vez máis rápido ... ui que líooo!!!!




Probade agora ... e non vos esquezades de cantar...😓😓


Para descansar un poquiño e imos practicar a dixitación. Xa coñecedes a dinámica: primeiro escoitades e dixitades, despois repetides tocando. Aproveitade para ler e entoar as notas.

Exercicio 1


"Mary tiña un cordeiro"



Exercicio 2

"A canción do barco"




A outra tarefa de frauta desta semana é repasar as cancións que fomos aprendendo este curso e que tedes colgadas nas clases das semanas anteriores. É importante que todas as semanas repasedes, tanto cos exercicios que vos deixo no blog como as cancións.

Caramba! Hoxe traballamos moito. Vouvos deixar un conto con canción titulado "A festa das notas e dos silencio". Espero que vos guste.

                                           

Ata a semana chic@s! Non vos esquezades de petiscar música!
Bicos e moito ánimo!!


         
                                       







Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...