#euquedonacasa |
Ola de novo!
Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.
Percusión e Reciclaxe
Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Aí van algunhas ideas. Animádevos a fabricar o voso propio "cotidiáfono".
Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Estas rapazas practican moito:
Buscade unha parella e ... a xogar co corpo e co ritmo.
Seguimos a praticar?
Construíde o voso "cotidiáfono" para realizar este exercicio. Pensade ...
Familia dos Instrumentos de Percusión
Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!
Quen soa?
Aínda máis difícil!
Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais.
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.
Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.
♫ Figuras e silencios musicais
♫ Proporción dos valores entre a figuras musicais
Rapeamos un pouquiño cas figuras musicais?
Antes de marchar imos aprender a debuxar a batería de Matías.
Agora si que marchamos, pero con moito ritmo.
Veña Matías, dalle a batería!!!
Veña Matías, dalle a batería!!!
Ata a semana. Traballade moito e...
... non esquezades de petiscar na frauta, ehhh???
BICOOOSSSSS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario