luns, 27 de abril de 2020

Matías e a percusión



#euquedonacasa


Ola de novo tod@s!! 

Despois de ver o vídeo de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos instrumentos da familia da percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos "abrir boca" con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe



Cotidiáfonos


Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Aí van algunhas ideas. Animádevos a fabricar o voso propio "cotidiáfono". 
Se vos apetece, podedes compartir as fotos!




Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo.


A percusión corporal refírese a todos os instrumentos do noso corpo dos que podemos obter sons: palmadas, xeonllos, pés, chasquido de dedos... As súas posibilidades son infinitas.
Imos practicar un pouquiño. Estade moi concentrad@s porque comeza amodiño pero despois ... ui,  que líoooo!!!


Sae? pois intentade con este; advírtovos que é para profesionais.


Seguimos a traballar co corpo: o segredo para que saia ben é a práctica e a concentración.


Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión pódense clasificar de varias maneiras segundo a forma de producir o son, o material do que estan feitos ...


Saberemos distinguir cal soa? Primeiro escoitade, despois adiviñade ...


Imos a aplicar o que vimos nos vídeos anteriores: percusión e reciclaxe.
O seguinte exercicio podemos facelo con palmadas ou con algún obxecto que teñades na casa e que vos permita obter o efecto das baquetas. Pensade ... que poderedes empregar? O importante é  traballar o ritmo e as percusións. Canto máis practiquedes, mellor sairá.



Déixovos aquí unha proposta moi moi sinxela para facer un tambor. Pode darvos ideas para construír o voso porpio instrumento e practicar o exercicio que ven a continuación. Tamén poderedes empregar obxectos de casa que fagan esa función:cubos do lixo, papeleiras ...  Imaxinacion ao poder!!





E como serán as partituras para os instrumentos de percusión? Serán igual que para unha frauta, un violín ou un piano? Precisaremos notas ou figuras musicais?



Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Como xa sabemos, a música xurde cando combinamos ritmomelodía e armonía. Hoxe imos centrarnos no ritmo.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicaisTod@s sabemos cales son (ata a semicorchea):

A proporción dos valores entre estas figuras musicais é a seguinte:

Para representar ás figuras non precisamos pentagrama, xa que o ritmo expresa a duración do son, non a súa altura. Ás veces, os ritmos aparecen escritos no pentagrama, pero sempre na mesma liña ou no mesmo espazo; iso significa que son figuras e non notas musicais.
Con estas figuras musicais xa poderíamos ler moitas partituras para instrumentos de percusión. Estes exercicios de lectura rítmica comezan moi faciliños e poco a pouco vanse complicando.



Déixovos uns enlaces de lectura rítmica de distintos niveis para que sigades avanzando.  Practicade todas as semanas.

Exercicios lectura rítmica
Exercicios lectura rítmica
Exercicios lectura rítmica

Agora un ditado rítmico. Escoitade, observade e apuntade o ritmo que soa; as solucións déixoas ao final desta clase. Non fagades trampa!!! 😉



Despois de todo este traballo xa estamos preparados para dar un concerto de percusión corporal. Fixádevos ben nos debuxos porque temos catro instrumentos: xeonllos, peito, chasquidos e palmas; polo medio os silencios, que son moi importantes.


O traballo desta semana foi intenso e xa toca despedirnos, pero antes:

♫ Uns xogos rítmicos para pasar o tempo.

Xogos de mans para acompañar música en 2/4 e 4/4
Percusión cun boli

♫ Unhas propostas para descubrir a percusión. Se che gustan, investiga e comparte con todos nós o que descubras. 

Odaiko
Tarambé percusión
Pacupra
Mayumana

♫ Solucións do ditado musical:1/ A-B-C-D. 2/ D-B-A-C .3/ C-B-A-D. 4/C-D-B-A

♫ Apredemos a debuxar unha batería.
Debuxamos unha batería


                                                                                                                                    
Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. 

Veña Matías, dalle a batería!!!






Bicoooooossss!!!


                                                          


Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...