luns, 13 de abril de 2020

Vivaldi e as figuras musicais



#euquedonacasa


Ola nen@s! que tal estades?


Son Vivaldi e hoxe vou ser o voso mestre de música; a profe Charo aínda segue de vacacións. Vaia morro!

Para a clase de hoxe imos precisar bastantes instrumentos de percusión; algúns deles xa os tedes, como os instrumentos do voso corpo pero outros non, así que ímolos facer. Sei que na última clase construistes unha maraca; hoxe podedes facer un tambor e algúns instrumentos de axitar. Se hai algo que non teñades, botádelle imaxinación e empregade outro material que vos poida servir. Tamén podedes inventar o voso propio instrumento e, se queredes, podedes enviarlle as  fotos ao correo da profe. Aí van algunhas ideas:






Se para estes últimos precesades tesoiras grandes o cuter, lembrade que deberedes de facelo cun adulto.
Agora que xa tedes feitos os vosos instrumentos, imos repasar as figuras musicais. Prestade moita atención porque logo imos facer uns exercicios.



Imos practicar os exercicios rítmicos que trouxen para vós. Son faciliños pero a medida que ides avanzando, irán aparecendo máis dificultades. Facédeo primeiro con palmadas e logo cos vosos instrumentos.




E agora tamén co silencio de negra. 

Aquí tedes que substituir algunhas figuras por percusións. Prestade atención á explicación. Podedes empregar os vosos instrumentos.


Para rematar estes exercicios traballaremos o silencio de negra; ides precisalo para a  canción de frauta que aprenderedes na seguinte clase.


                      
Imos movernos un pouquiño. Este exercicio precisa de moita atención. Palmadas, chasquidos, xeonllos, voz e cada vez máis rápido ... ui que líooo!!!!


Uff! Canto traballo! Imos descansar un pouquiño con este pianista amigo meu que vai ofrecer un concerto ... moi especial.


Gustouvos? Agora, un pouquiño de traballo ca frauta. Quentamos motores con exercicios de escoita e repetición para dixitar. É importante que primeiro os fagades cantando, xa que vos axudará moito a conseguir axilidade na lectura das notas no pentagrama. Despois, xa o facedes ca frauta. Intentade practicalos varias veces na semana, vale?

Exercicio 1


Canción "Boliño de  Pascua"

Exercicio 2



Canción "Mariñeir@s na mar"



Deixo aquí a canción da última clase que non se podía ver. Traballade con ela esta semana e  lembrade que tedes que copiala na libreta de música.

 "Son de Jazz"



Aquí tedes o acompañamento instrumental.




Caramba, que ben traballastes! Xa me dixo Charo que íades facelo moi ben. De premio, esta festa musical. Espero que vos guste! 


Rapaces, teño que marchar! Pero antes vouvos contar un pouquiño da miña biografía a través de debuxos. Veredes que interesante. Podédesme debuxar!

                              

Espero que vos gustara a miña clase! Non vos esquezades de practicar un pouquiño. Un achuchón moi grande para tod@s e moito ánimo!! Viva a música!!!

                                                      






























Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...