luns, 27 de abril de 2020

Hoxe toca ... Matías!!


Concertos Didácticos



Ola a tod@s!! 

Benvidas e benvidos aos Concertos Didácticos de "Petiscos Musicais".

Como xa vos anunciei onte, cada semana teremos a oportunidade de coñecer diferentes instrumentos da man dos mellores mestres: @s nos@s compañeir@s.

Os vídeos publicaranse para tod@s na páxina principal. Despois, cada curso terá as súas actividades no seu "petisco", como todas as semanas. 

Anímovos a compartir os vosos comentarios ao final desta entrada;teredes a oportunidade de felicitar aos vosos compañeir@s polo seu traballo así como facerlles preguntas, suxerencias ...

Sen máis , comezamos.

Hoxe temos con nós a un profe de primeira. Chámase ... bueno, penso que é mellor que se prensente el mesmo.  Estade moi atent@s!




Neste vídeo Matías amósanos varios instrumentos da familia da percusión: os bongoes, a marimba, a caixa e o seu instrumento favorito: a batería. Explícanos as súas partes, a súa procedencia ... Aprendimos moito ca túa clase, Matías. Moitas grazas.

Un gran e merecido aplauso para Matías.






Exposición de instrumentos


Aproveitando que estamos tod@s xuntiñ@s, gustaríame compartir estes instrumentos que crearon algúns compañeiros e compañeiras. Moitas grazas a tod@s. Están chulísimos!!!

As maracas de David, 1ºC
A maraca de Olivia, 3ºC
O tambor de Olivia, 3ºC




A guitarra de Natalia, 5ºB



As sonaxas de Xoel Rey, 3ºC



O Xilófono acuático de Matías, 6ºB


O pao de choiva de  Adrián, 6ºA


O pao de choiva de  Matías, 6ºB

                                         
                                         



A maraca de Inés, 5ºC
O tambor de Brais Gómez, 3ºA


A lúa de Natalia, 5ºB




A percusión de Román, 1ºA

A maraca de Brais Gómez, 3ºA

Se vos apetece publicar os vosos traballos, enviádeme fotos ao meu correo petiscosmusicais@gmail.com. 


Vémonos no voso "Petisco". Ata agora!!!




Hoxe toca ... percutir.


#euquedonacasa

Ola de novo!


Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentosda Familia da Percusión.

A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe


Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se vos apetece, podedes compartir as fotos!
Eu propóñovos facer este tambor, que está feito cunha lata; veredes que é moi sinxelo e que apenas precisa material. Podedes decoralo como queirades ou facer calquera outro instrumento que se vos ocurra. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!



Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Nas clases anteriores xa estivemos traballando co corpo e co ritmo; seguimos a practicar con estes xogos e tamén podedes practicar cos vosos "cotidianófonos".
Veña... a que esperades? Preparade o voso corpo e a vosa concentración!!! 




Uff! que cans@s estamos!! Mentres descasamos, imos ver como traballan co corpo unhas rapazas que practican moito moito.



Familia dos Instrumentos de Percusión
Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!



Adiviña quen soa ...


Máis difícil todavía!!



Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais. 
Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais, que xa coñecemos. Nas clases anteriores Vivaldi falounos delas. Déixovos de novo os enlaces.

Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea

Fixádevos ben neste cadro sobre as figuras musicais e os seus silencios.



Que vos parece se cantamos e bailamos cas figuras musicais?



Tamén podemos interpretalas co noso corpo ou cos nosos instrumentos.



Chegou a hora de despedirnos, pero antes imos aprender a debuxar a batería de Matías.


Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. Veña Matías, dalle a batería !!!




Ata a semana, rapazada!!!! Traballade moito e pasádeo moi ben!!!



Bicooossssssss!!!!!

Bom, Snap, Clap !!!

#euquedonacasa

Ola de novo!

Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe


Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se vos apetece, podedes compartir as fotos!
Eu propóñovos facer un tambor e unhas maracas. Veredes que son moi faciliños e que apenas precisan material. Podedes decoralos como queirades. Tamén poderedes facer outros instrumentos que se vos ocurran. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!



Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Mirade, mirade!!


Chamamos percusión corporal a calquera instrumento do noso corpo que produza son. Por exemplo estes:


A practicar... estade moi atent@s que ao principio comeza amodiño pero logo...


Fixádevos ben nos instrumentos do voso corpo que tedes que empregar.



Familia dos Instrumentos de Percusión
Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!

Quen soa?


Acertarás agora?




Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais. 



Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.

Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea

Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.

Figuras e silencios musicais



Proporción dos valores entre a figuras musicais

Imos comprender este cadro


Que vos parece se cantamos e interpretamos as figuras musicais?



                                               

Preparados para dar un concerto? Podedes empregar  o voso corpo ou os  "cotidiáfonos"



Imos depedirnos, pero antes:

♫ Aprendemos a debuxar a batería de Matías.



                                                            
Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. Veña Matías, dalle a batería!!!




Ata a semana, rapazada!!!! Traballade moito e pasádeo moi ben!!!




BICOOOSSSSS!!!




ReciclaARTE !!


#euquedonacasa



Ola de novo!


Aproveitando a estupenda clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.


A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe


Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Hoxe anímovos a construír algún instrumento a partir de obxectos da casa que xa non empregades. Se soa, xa é un instrumento. Imaxinación ao poder!!
Se vos apetece, podedes compartir as fotos! Aí van algunhas ideas:



Percusión Corporal

Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Estas rapazas practican moito:



Probamos nós? Fixádevos ben nos instrumentos que tedes que empregar. 


Este xa é para profesionais. Concentrádevos moito que isto é un líooo!!!


Probamos só cas mans? Podedes gravarvos en vídeo; así iredes vendo como mellorades.



Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!


Quen soa?


Acertarás agora?





Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais. 

Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.

Redonda, blanca e negra
Negra, blanca, corchea e semicorchea

Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.

♫ Figuras e silencios musicais



♫ Proporción dos valores entre a figuras musicais

                                         
                         Rapeamos un pouquiño cas figuras musicais?


                                                  


Coidadiño con estes dinosaurios! Primeiro lede este exercicio con palmas e as sílabas rítmicas (ta, ti-ti, shh!). Despois con outros instrumentos do corpo ou cos que cotidiáfonos.



Imos depedirnos, pero antes:


♫ Aprendemos a debuxar a batería de Matías.





   Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. Veña Matías, dalle a batería!!!





Ata a semana. Traballade moito e...




... non vos esquezades de petiscar na frauta, ehhh???




BICOOOSSSSS!!!



Cotidiafoneando!

#euquedonacasa

Ola de novo!

Aproveitando a clase de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos Instrumentos da Familia da Percusión.


A familia da percusión é moi ampla. Imos comezar con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe


Cotidiáfonos
Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Aí van algunhas ideas. Animádevos a fabricar o voso propio "cotidiáfono". 



Percusión Corporal

Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo. Estas rapazas practican moito:



Buscade unha parella e ... a xogar co corpo e co ritmo.


Seguimos a praticar?


Construíde o voso "cotidiáfono" para realizar este exercicio. Pensade ...

                                                     

Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión son moi variados. O noso amigo Vivaldi vainos contar por que soan, de onde veñen.... escoita!!

Quen soa?



Aínda máis difícil!





Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicais e para traballar a melodía precisamos as notas musicais. 

Hoxe imos centrarnos no ritmo e nas figuras musicais que xa coñecemos. Vivaldi falounos delas nas clases anteriores, lembrádesvos? Déixovos aquí os enlaces.


Os dous cadros seguintes son moi importantes. Fixádevos ben.

♫ Figuras e silencios musicais


♫ Proporción dos valores entre a figuras musicais

                                         
                               Rapeamos un pouquiño cas figuras musicais?




Antes de marchar  imos aprender a debuxar a batería de Matías.


Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. 
Veña Matías, dalle a batería!!!



Ata a semana. Traballade moito e...


... non esquezades de petiscar na frauta, ehhh???



BICOOOSSSSS!!!





Matías e a percusión



#euquedonacasa


Ola de novo tod@s!! 

Despois de ver o vídeo de Matías, hoxe imos traballar a fondo cos instrumentos da familia da percusión.
A familia da percusión é moi ampla. Imos "abrir boca" con esta divertida explicación do que significa "percutir" e da facilidade de poder tocar un instrumento de percusión a partir de calquera material.

Percusión e Reciclaxe



Cotidiáfonos


Son instrumentos musicais creados a partir de obxectos que empregamos na vida cotiá: unha lata, un lapis, unha moeda, un bote de deterxente ... Aí van algunhas ideas. Animádevos a fabricar o voso propio "cotidiáfono". 
Se vos apetece, podedes compartir as fotos!




Percusión Corporal
Comezamos polo instrumento de percusión máis antigo que existe e co que tod@s podemos facer música: o noso corpo.


A percusión corporal refírese a todos os instrumentos do noso corpo dos que podemos obter sons: palmadas, xeonllos, pés, chasquido de dedos... As súas posibilidades son infinitas.
Imos practicar un pouquiño. Estade moi concentrad@s porque comeza amodiño pero despois ... ui,  que líoooo!!!


Sae? pois intentade con este; advírtovos que é para profesionais.


Seguimos a traballar co corpo: o segredo para que saia ben é a práctica e a concentración.


Familia dos Instrumentos de Percusión

Os instrumentos de percusión pódense clasificar de varias maneiras segundo a forma de producir o son, o material do que estan feitos ...


Saberemos distinguir cal soa? Primeiro escoitade, despois adiviñade ...


Imos a aplicar o que vimos nos vídeos anteriores: percusión e reciclaxe.
O seguinte exercicio podemos facelo con palmadas ou con algún obxecto que teñades na casa e que vos permita obter o efecto das baquetas. Pensade ... que poderedes empregar? O importante é  traballar o ritmo e as percusións. Canto máis practiquedes, mellor sairá.



Déixovos aquí unha proposta moi moi sinxela para facer un tambor. Pode darvos ideas para construír o voso porpio instrumento e practicar o exercicio que ven a continuación. Tamén poderedes empregar obxectos de casa que fagan esa función:cubos do lixo, papeleiras ...  Imaxinacion ao poder!!





E como serán as partituras para os instrumentos de percusión? Serán igual que para unha frauta, un violín ou un piano? Precisaremos notas ou figuras musicais?



Se estivestes antent@s ao vídeo de Matías, vimos 
que cando tocou os bongoes, a batería ou a caixa, Matías traballaba co ritmo, pero cando interpretou a peza na marimba traballaba, ademáis, coa melodía. 
Como xa sabemos, a música xurde cando combinamos ritmomelodía e armonía. Hoxe imos centrarnos no ritmo.
Para traballar co ritmo, precisamos ás figuras musicaisTod@s sabemos cales son (ata a semicorchea):

A proporción dos valores entre estas figuras musicais é a seguinte:

Para representar ás figuras non precisamos pentagrama, xa que o ritmo expresa a duración do son, non a súa altura. Ás veces, os ritmos aparecen escritos no pentagrama, pero sempre na mesma liña ou no mesmo espazo; iso significa que son figuras e non notas musicais.
Con estas figuras musicais xa poderíamos ler moitas partituras para instrumentos de percusión. Estes exercicios de lectura rítmica comezan moi faciliños e poco a pouco vanse complicando.



Déixovos uns enlaces de lectura rítmica de distintos niveis para que sigades avanzando.  Practicade todas as semanas.

Exercicios lectura rítmica
Exercicios lectura rítmica
Exercicios lectura rítmica

Agora un ditado rítmico. Escoitade, observade e apuntade o ritmo que soa; as solucións déixoas ao final desta clase. Non fagades trampa!!! 😉



Despois de todo este traballo xa estamos preparados para dar un concerto de percusión corporal. Fixádevos ben nos debuxos porque temos catro instrumentos: xeonllos, peito, chasquidos e palmas; polo medio os silencios, que son moi importantes.


O traballo desta semana foi intenso e xa toca despedirnos, pero antes:

♫ Uns xogos rítmicos para pasar o tempo.

Xogos de mans para acompañar música en 2/4 e 4/4
Percusión cun boli

♫ Unhas propostas para descubrir a percusión. Se che gustan, investiga e comparte con todos nós o que descubras. 

Odaiko
Tarambé percusión
Pacupra
Mayumana

♫ Solucións do ditado musical:1/ A-B-C-D. 2/ D-B-A-C .3/ C-B-A-D. 4/C-D-B-A

♫ Apredemos a debuxar unha batería.
Debuxamos unha batería


                                                                                                                                    
Agora si que marchamos, pero con moito ritmo. 

Veña Matías, dalle a batería!!!






Bicoooooossss!!!


                                                          


A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...