#euquedonacasa |
Ola rapazas e rapaces!
De volta ás clases, agora por medio deste blog. Espero que vos axude a afianzar o traballo feito ata agora e engadir algunha tarefa nova.
Esta semana imos comezar cun repaso dalgunhas cancións que xa temos no noso repertorio. Non todos os quintos temos as mesmas partituras; unhas coinciden e outras non. Repasade as que xa sabedes e animádevos a aprender algunha das novas. Aquí irei publicando, semana a semana, partituras novas e de repaso.
Imos comezar cunha viaxe á lúa!
E agora, a partitura. Os/as que non a teñades, copiádea na libreta. Fixádevos ben o lugar que ocupan as notas. Numerade os compases e non esquezades os sinais de repetición. Polo demáis é bastante faciliña, únicamente debedes de prestar atención ás ligaduras, que xa sabedes que suma os valores das notas que une.
"Rasta root"
Esta canción estilo "reggae" ten a dificultade do silencio de corchea,pero é tan pegadiza que a vas aprender axiña. Un truquiño: cando teñas que facer o silencio de corchea, fai unha pequena aspiración para coller o aire e xa verás que ben che sae. Antes de traballala, escóitaa con atención un par de veces, cópiaa na libreta de música, le as notas, dixítaas na flauta e a tocar!!
"Vals de Outono"
Como vedes, o título non coincide, xa que "Vals de Outono" puxémosllo nós porque a aprendimos nesa estación do ano. É unha canción moi faciliña, en tres por catro, con catro sons (sol,la,si,do´), e tres figuras distintas: negra, blanca e blanca con puntillo. Os grupos que xa tedes traballada a segunda voz, podedes incorporala cando a toquedes. O resto, copiádea así na libreta e... a petiscar!!
E xa por último, poderedes repasar as cancións que aprendimos este curso a dúas voces: "Nana" e "As Campás". Na partitura non aparece a segunda voz pero vós tédela na libreta. Procurade practicar as dúas voces, para que cando toquemos xuntos/as soe moi bonito.
A Música e a Lúa
Bastantes compositores inspiráronse na lúa para compoñer. Vou destacar a dous: Claude Debussy e Beethoven.
Propóñovos que, mentres escoitamos estas breves e relaxantes composicións, collades algúns mateirias plásticos e elaboredes unha obra que teña como temática a lúa. Pode ser unha viaxe lunar, unha paisaxe lunar, o universo, os planetas ... o que a música che inspire. Como materiais: lápis, ceras, rotuladores, acuarelas, pintura de pincel, cartolinas, material de refugallo para compoñer un collage ... É unha obra libre, podedes facer o que máis vos guste. Comezamos?
"Clair de Lune". Claudio Debussy
Sonata "Claro de Luna". Ludwig Van Beethoven
Gustáronche? Para qué instrumento están compostas estas obras?
Pincha aquí e aprenderás a debuxalo.
https://www.youtube.com/watch?v=yO0zVWFwBaY
https://www.youtube.com/watch?v=FK-kCcvTk_I
Imos rematar cantando unha canción que se titula "Un rato díxolle a lúa"
Ata a semana! Un bico grande!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario