domingo, 29 de marzo de 2020

Odisea no espazo


#euquedonacasa

Ola rapaces/as:


Seguimos no espazo. Imos comezar a semana cunha canción nova para todas/as. Titúlase "Futurama". Déixovos aquí o enlace onde tedes a partitura e o audio. Escoitádea e fixádevos ben na partitura.

http://www.wix.com/musicameruelo/futurama


É moi faciliña verdade? Compás de catro por catro, negras, corcheas e blancas, rexistro de sol a do´... chupao!!! Se vos fixades ben, repítese 3 veces aínda que o segundo pentagrama de cada repetición (A-B-C) varía. Isto ten truco!! De momento estudiádea tal e como aparece na partitura. Tamén tedes play-back para cando a saibades moi ben.

Aínda que quedemos na casa, podemos facer unha viaxe polo espazo. Veña, ide poñendo a escafandra mentres escoitamos un pouquiño de música. Seguro que xa a coñecedes de pelis, debuxos animados, anuncios da tele..



Este fragmento titúlase "Amanecer" e pertence a un poema sinfónico composto por Richard Strauss no ano 1896. Agora cambiamos os números de posición e chegamos ao ano 1968, no que se estreou a película "2001. Odisea en el espacio". Grazas a esta película, "Amanecer" fíxoxe moi popular xa que forma parte da súa banda sonora. Cantos anos pasaron desde que se compuxo ata que se empregou na peli??  Faino mentalmente!! Esas cabezas, a funcionar!!!

Dez, nove, oito, sete, seis, cinco, catro, tres dous, un ... despegamos!



Como vedes, os protagonistas desta música son os instrumentos de vento metal e de percusión. Hoxe imos comezar pola familia do vento metal. Imos ver como producen o son:



Sabes cales son os instrumentos que compoñen esta familia tan brillante?



Escoita agora que ben soa toda a familia xuntiña:



Xogamos as adiviñas? Pois escoita con atención a ver se descubres que instrumento soa. Neste vídeo "coláronse" outros instrumentos de vento, pero non de metal... bueno, non importa, imos deixalos e outro día traballamos con eles. Abre ben as orellas!!



Se queredes aprender a debuxar estes instrumentos, déixovos aquí uns enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=XohVuF2Qipo
https://www.youtube.com/watch?v=8JabL478l2o
https://www.youtube.com/watch?v=bqKFuTVrcy8

Falta un!! Cal será? Saberás debuxalo ti? Inténtao!



Despois desta semana chegarán as vacacións, así que vou deixarvos unhas cancións de repaso, para que poidades tocar pezas diferentes. Tamén poderedes curiosear nos petiscos de cuarto e de terceiro porque alí atoparedes cancións de cursos pasados que tamén poderedes repasar.

Non todos os quintos tedes o mesmo repertorio; unhas cancións coinciden e outras non. Para aclarar: cada un/ha de vós  ten que estudar e repasar as súas cancións, tanto as desta semana como as da semana pasada, pero anímovos a que, pouquiño a pouco,  miredes algunha máis dos outros cursos; é unha forma de aplicar o que xa sabemos e que o traballo instrumental sexa máis ameno e variado.

Lembrade os pasos para aprender unha canción nova: escoitala con atención seguindo a partitura; fixarse en todos os elementos que a forman: figuras, notas, compás, puntiños, ligaduras, sinais de repetición...; numerar os compases. Intentar medila con palmas dicindo o nome das notas, dixitar na frauta e, cando vaia saíndo, tocala. Primeiro amodiño e, a medida que a vaiades afianzando, aumentade a velocidade. De nada serve apurar se non a sabedes ben. Aí van:

"Nana orquestal" (5ºB e 5ºC)
Esta instrumentación está concebida para interpretar con instrumentos variados: frautas, láminas e pequena percusión. 
Os/as que xa tedes a partitura copiada na libreta, revisádea por se ten erros. Para os/as que a partitura sexa nova, de momento non a copiedes; tocádea pola fotocopia e pegádea na libreta. Veredes que é moi sinxela, non hai nada novo.
A canción está estruturada en 2 partes: A e B. Observade que hai 4 voces: vós só tedes que estudar a voz I, tanto da parte A como da parte B. Os/as que xa estudastes a canción no cole, tamén faredes a segunda voz tal e como a fixemos na clase.





"Old Mc Donald" (5ºA)

Esta melodía tan coñecida e pegadiza é, como a anterior, unha instrumentación para interpretar con variedade de instrumentos. Ten dúas voces moi faciliñas. É importante respetar os silencios e as repeticións así que, estade moi atentos/as. É unha peza moi repetitiva; en canto a escoitedes varias veces, xa vos queda de memoria. Ollo co final da segunda voz, que os dedos teñen que estar áxiles e para eso só hai un remedio: PRACTICAR.
Cando a teñades estudada, interpretade unhas veces a primeira voz e outras, a segunda.






Imos despedirnos cantando e  dedicando esta canción a todas as persoas que estes días están e estades sendo tan valentes. Se cada un de nós aporta o seu graíño de area, axiña voltaremos ás nosas vidas. Escoitádea e bailádea ca vosa familia. 

Lembrade que a vida con música, soa mellor!

Ata a semana!!! Bicos.










1 comentario:

  1. Ola chicos/as: a canción de Old Mc Donald tiña un erro e non se podía abrir. Xa está solucionado. Bicos.

    ResponderEliminar

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...