#euquedonacasa |
Ola nenas e nenos de segundo! Como estades?
Hoxe imos facer moitas actividades. Preparados/as?
Como podedes ver no debuxo do comezo, hai moitas flores porque é primavera. A música e a primavera están moi relacionadas porque hai moitos músicos que se inspiraron na natureza, e nas estacións do ano, para compoñer as súas obras musicais.
Imos comezar por Tchaikovsky, que compuxo este vals tan bonito.
"O Vals das flores". Tchaikovsky
Tedes xa a memoria en marcha? Pois veña, máis ritmos. Aí van moitos vagóns do tren do catro. Na primeira e segunda ficha tedes que ler e palmear cada ritmo. Facédeos seguidos, sen pausa entre uns e outros. Tamén podedes xogar as adiviñas con alguén da casa. Vós facedes un ritmo e a outra persoa ten que adiviñar o que fixestes, tal e como facemos no cole.
Na terceira, tedes que completar cada ritmo cas figuras que poden ir en cada vagón. Fíxate moito!!
DESCARGA
Apetécevos practicar os exercicios de ritmo con algún instrumento? É posible que na casa non teñades ningún pero... mirade cantos podedes facer só con tapóns de botellas!!!!! Lembrade que vós non podedes usar o cuter, así que pedide axuda!!
Gustouvos? Recoñecedes os instrumentos que saen nesta música? Algúns deles xa os estudamos a semana pasada.Vouvos falar un pouquiño do compositor.
Piotr Ilich Tchaikovsky foi un músico e compositor ruso que naceu no ano 1840. Os seus pais querían que fose abogado pero el quixo ser músico. Compuxo obras moi famosas, sobre todo ballets como "El cascanueces", "El Lago de los cisnes", "La Bella Durmiente" e tamén moitos conciertos para orquestra. Morreu en San Petesburgo (Rusia) en 1893.
Pon a cabeza a funcionar: cantos anos viviu Tchaikovsky? cantos anos fai que morreu? e cantos fai que naceu?
Abride este enlace e veredes quen vos está esperando!!!
Propóñovos unha tarefa. Atentas/os: escoitade de novo a música mentres decorades ao noso amigo Tchaikovsky. Cando rematedes, buscade na seguinte ficha os instrumentos que soan no "Vals das flores". Recortádeos e coloreádeos.
Cando teñades todo listo collede un folio. Poñédelle o título da música e o nome compositor: "O Vals das flores". Tchaikovsky. Ollo con ese apelido, que é moi difícil de escribir. Pegade a Tchaikovsky e aos instrumentos que se escoitan no vals. Decorádeo moi primaveral e ... xa tedes a ficha do "Vals das flores".
Lembrade poñer tamén o voso nome!! Seguro que vos quedou moi chulo. Gardádeo para que poda velo cando voltemos ao cole.
Agora imos traballar cas figuras musicais: blanca, negra, corchea e silencio de negra. Xa sabedes que para este traballo hai que prestar moita atención. Faino con palmadas e diciendo a sílaba que lle corresponde a cada figura: blan-ca, ta, ti-ti, ssshh!!. Comezamos!
Agora con todas as figuras. Fixádevos que van no tren do catro.
Agora imos facer uns exercicios de ritmo e escritura musical. Imos repasar un pouquiño. Na primeira teredes que asociar cada figura musical co seu nome e as sílabas que se din cando as lemos. Na segunda, ler eses ritmos e escribir as súas sílabas e na última, ler os ritmos con palmadas.
DESCARGARTedes xa a memoria en marcha? Pois veña, máis ritmos. Aí van moitos vagóns do tren do catro. Na primeira e segunda ficha tedes que ler e palmear cada ritmo. Facédeos seguidos, sen pausa entre uns e outros. Tamén podedes xogar as adiviñas con alguén da casa. Vós facedes un ritmo e a outra persoa ten que adiviñar o que fixestes, tal e como facemos no cole.
Na terceira, tedes que completar cada ritmo cas figuras que poden ir en cada vagón. Fíxate moito!!
DESCARGA
Apetécevos practicar os exercicios de ritmo con algún instrumento? É posible que na casa non teñades ningún pero... mirade cantos podedes facer só con tapóns de botellas!!!!! Lembrade que vós non podedes usar o cuter, así que pedide axuda!!
Imos despedirnos cantando e dedicando esta canción as todas as persoas que estes días están e estades sendo tan valentes. Se cada un de nós aporta o seu graíño de area, axiña voltaremos ás nosas vidas. Escoitádea e bailádea ca vosa familia. Lembrade que a vida con música, soa mellor!
Ata a semana!!! Bicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario