#euquedonacasa |
Ola rapazas e rapaces!
Hoxe é o primeiro día que traballamos a través deste blog. Espero que vos sirva de axuda e, sobre todo, que vos divirtades mentres aprendedes.
Para quentar motores imos repasar un pouquiño as cancións de frauta que aprendimos este curso. Xa sabedes: prestade atención á postura, tapade ben os buratos e soprade ca sílaba "du".
Para quentar motores imos repasar un pouquiño as cancións de frauta que aprendimos este curso. Xa sabedes: prestade atención á postura, tapade ben os buratos e soprade ca sílaba "du".
Veña, que comece a música!
Agora déixovos co meu amigo Bartolo, que tocaba a frauta cun buratiño só. Podedes cantar e inventar un baile con el. Espero que vos guste!!!
Apetéceche debuxar a frauta de Bartolo? Unha vez que a teñades debuxada, podedes recortala e pegala na libreta de música.
Por hoxe nada máis. Un bico grande a todos e ... a petiscar un pouquiño cada día!!!
Ata a semana que ven!!!
"Rondín Picotín" (Si, La)
Esta canción é moi sinxela e fíxonos desfrutar moito a todos/as cando a aprendimos. É moi faciliña e só ten dous sons: Si e La. Lembrádevos dos silencios do final antes de repetila !!!!"Balada" (Si, La, Sol)
Comezamos a traballar ca nota Sol. Sí, a que se escribe na segunda liña. Xa sabedes que para esta canción precisamos un dediño máis. Aproveitade para comprobar que tedes a canción ben escrita na vosa libreta.
Veña, petiscade un pouquiño nela!
"Souvenir de Vals" (Si, La)
Agora imos comezar cunha canción nova, que será a que teñades que ir traballando esta semana. A medida que ides mellorando as anteriores, podedes ir aprendéndoa. Só ten os sons Si e La, e eso xa o sabedes facer moi ben. Pero esta canción está no compás de tres por catro, lembrades? En cada compás entran tres negras e acentúase sempre o primeiro tempo de cada compás.
Outra cousiña nova que tedes nesta canción é a blanca con puntillo, que dura tres tempos e ocupa un compás enteiro. O resto, xa é coñecido.
Os pasos para aprender a canción son os mesmos que seguimos na clase. Primeiro escoitade a canción un par de veces e copiádea na libreta de música; fixádevos que as notas estean colocadas no seu lugar. lntentade ler as notas con palmas. Cando xa vaia saíndo, facede o mesmo pero dixitando na frauta e xa para rematar intentade tocala. Se a música vai moi rápido, primeiro tocade sen ela e logo xa co acompañamento.
Agora déixovos co meu amigo Bartolo, que tocaba a frauta cun buratiño só. Podedes cantar e inventar un baile con el. Espero que vos guste!!!
Apetéceche debuxar a frauta de Bartolo? Unha vez que a teñades debuxada, podedes recortala e pegala na libreta de música.
Por hoxe nada máis. Un bico grande a todos e ... a petiscar un pouquiño cada día!!!
Ata a semana que ven!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario